Baixo este suxerente título, coa pluma de Enrico Marini, e publicado por Norma Editorial, agóchase unha historia ambientada na Roma de Augusto, no ano 9 a.C., que trata sobre a amizade e aventuras de dous mozos, un fillo dun militar romano de alto rango e un refén xermano, fillo dun príncipe, que está a ser educado en Roma.
A educación, a casa romana, a vida no exército, a relixión, a excravitude, a época de Augusto, son algúns dos temas que desfilan polos dous volumes publicados ata o momento (a historia queda en suspenso, así que se espera a continuación). A elaboración dun cuestionario sobre eles que complete a súa lectura podería ser unha boa maneira de sacarlle o máximo partido nas aulas.
Con algúns momentos un pouco subidos de ton, quizais deberíamos pensar que, en comparación do que os nosos alumnos poden atopar na rede, estas escenas poden considerarse ao nivel das aventuras de Marco e Heidi (ou máis ben Mazinguer Z e Afrodita A...)
Cuestionario sobre os textos.
Reseñas na rede:
Ficha editorial:
Cuestionario sobre os textos.
Reseñas na rede:
Ficha editorial:
2 comentarios:
Caramba, levo un par de semanas sin pasar por Kómic e xa estou perdendo as novidades. Fareime con estas "aguias", paréceme máis directas en con máis posibilidades de éxito de cara aos alumnos que "A por el Imperio", de Merwan &Vivès
"A por el Imperio" é bastante máis sombrío, e ademais non está ambientado en ningunha época concreta, alomenos nesta primeira entrega.
Seremos os primeiros que afrontemos directamente o tema da sexualidade no mundo antigo?
Non vexo moito traballo realizado neste campo.
Polo menos trouxen algunha foto do lupanar de Pompeia, así que as ilustracións xa están colgadas na galería de Chiron!
Me pregunto como recibirán estes volumes os meus alumnos..
pd: unha visita de vez en cando a Kómic é algo indispensable !
Publicar un comentario