4/5/10

Heracles (Sócrates o semi-can)

Presentamos hoxe o primeiro volume da serie de "Sócrates, el semi-perro", firmada polos franceses Joan Sfar (guión) e Chistopher Blain (debuxos), que publica edicións Sins Entido.
Estamos ante a presentación do personaxe do que falabamos días atras: Sócrates, o semi-can, que posúe o don da palabra e que acompaña ao seu amo Heracles, presentado aquí como unha especie de "Miles Gloriosus", máis preocupado por fortalecer os seus músculos o seducir a canta muller lle saia ao paso que nas sesudas e brillantes reflexións deste incrible can, que nos fará pasar un bo rato a todos.

Queda aquí unha mostra das súas meditacións:
"A miña filosofía consiste en non facer nada. Canto teño fame, como, cando teño sono, durmo. Sigo ao meu amo onde quera que vaia, co que me aforro ter que tomar decisións".

"En principio fíome sempre do meu próximo, xa sexa home, besta ou monstro. Ou mesmo gato. Cando alguén se achega á nosa fogueira, sempre intento darlle a benvida. Aínda cando as súas intencións non son amistosas. Creo que calquera malentendido pódese resolver cun diálogo constructivo. Pero sexamos sinceiros. Pódomo permitir porque son o can de Heracles. Se non es máis que un canciño de lás, aprende primeiro a defenderte e logo a filosofar" (isto nos recorda aquilo de "primum vivere deinde filosofare!!)

"O Feito de que o ser humano faga exercicios de musculación demostra que ten conciencia de si mesmo. Que un can corra non demostra nada".

"O meu amo di que lle gustan as mulleres, pero o que lle gusta e gustarlles. É da opinión de que todas as mulleres deber ser agarimosas e tenras con el, que deben concederlle calquera capricho. Porque, para o meu amo, tódalas mulleres son nais, esposas e amantes. Non sei se a tódalas mulleres lle apetecerá ser nais, esposas e amantes. Pasa como cos cans: non se lles pide a súa opinión."

De entre as reseñas que podedes atopar na rede sobre esta obra, resalto a magnífica crónica de Ricardo dende o seu blog Helleniká, que data xa do ano 2008.
En Tirafrutas ou en Entrecomics, podedes ler outras críticas máis orientadas ao mundo do Cómic que ao seu aproveitamento didáctico.


2 comentarios:

Ricardo dijo...

Muchísimas gracias, Álvaro, por la referencia a mi trabajo. También reseñé la segunda y tercera parte de la serie. Te dejo las direcciones por si te son de utilidad:

http://griegoantiguo.wordpress.com/2008/03/27/revision-del-comic-adulto-de-tema-griego-los-materiales-desconocidos-viii/

http://griegoantiguo.wordpress.com/2010/01/12/socrates-el-semiperro-iii-edipo-en-corinto/

Al parecer, los autores no continuarán con este proyecto, así que con la tercera parte nos tenemos que despedir del simpático Sócrates.

Muchas gracias de nuevo y un cordial saludo.

Susana Losada dijo...

En primeiro lugar gracias por descubrirnos o blog de Ricardo, el xa comentou os tres volumes, e xa me enrollei comentándolle o último. Eu son unha fan de Sócrates el Semi-Perro, e os outros dous volumes encantárome. É unha forma distinta de abordar o mito, rompendo esquemas. No terceiro, en concreto, a imaxe de Hércules está aínda máis machacada, aparece como un auténtico besta. Deste xeito compénsase un pouco tanta literatura positiva de machotes fortachóns. Ten viñetas e comentarios estupendos... e vai ser mellor que publique o meu propio post para non enrollarme tanto