18/9/10

Omne principium difficile

Como tódolos setembros produciuse outra vez a milagre, a cerimonia de transformación. O paso das estacións. Volvemos.
Escoitamos con ledicia como outros compañeiros gañan fieis, e mesmo logran bula para abrir a igrexa a un só feligrés (aquí gastámolo todo na cidade da Cultura e logo pasa o que pasa...)
Do meu recente periplo por terras catalanas, ademais do privilexio da visita a Girona con tan egrexio cicerone (outros non puideron asistir por mor dos males propios da xuventude), traio noticias sobre o novo calendario que nos espera, e que estreaban alí este curso: comézase unha semana antes e logo en febreiro-marzo vén unha semana de vacacións, comúnmente coñecida como semana branca, aínda que a xulgar polo visto na viñeta quizais habería que pensar na mudanza de calificativo. Tamén comezaba alí a implantación dos libros dixitais, algo parecido ao "Proxecto Abalar". En principio somos todos moi modernos e renovadores, quizais para acabar onde xa estabamos: cos libros tradicionais escaneados e presentados en pantalla.
En Galicia comezamos o curso cun recorte importante de profesorado, con máis alumnos por aula, cun decreto para o uso do galego que vai ser ignorado olímpicamente nos Claustros, e cunha paixón colectiva, enfermiza case, polas seccións bilingües, aínda a risco de esquecer a nosa propia.
No IES Manuel García Barros da Estrada desaparece o Grego neste curso. Despois de que apenas un par de alumnos escollesen a asignatura e dada a imposibilidade de crear grupos con tal número, a titular de Grego foi desprazada a un centro de Santiago. A situación desta materia semella xa desesperada. Se non se toman medidas rapidamente as cousas só poden ir a peor. Non creo que sexa toda a culpa da Administración. Son os rapaces os que non a piden. Ou se cambia o programa de xeito radical ou o descenso de alumnado será imparable. O aoristo, a voz media e a reduplicación terán que ceder o paso a outros contidos más axeitados para os rapaces do século XXI.
Ademais do grego tamén perdemos, eu neste caso, o latín de 4º de ESO. A progresión desta materia foi alarmante: de 20 alumnos hai dous anos, 10 alumnos o ano pasado e ningún neste (só a pediron 2 e como optativa e o recén creado itinerario LATIN-MUSICA non foi escollido por ninguén!). É só un feito puntual? Cambiarán as tornas no futuro?
Así comezamos este curso de 2010/2011. Algo nos avisa, na boca do estómago, que mañá subimos ao escenario.
Con menos público.

*Viñeta publicada no diario La Manyana, de Lleida

5 comentarios:

Ana dijo...

Muy triste noticia la de la desaparición del griego. Después de leerte, no pienso quejarme más. Todavía no es seguro que me permitan seguir con solo un alumno, pero la presencia del griego en nuestro centro está asegurada (de momento).
Siento mucho lo del latín de 4º, pero seguro que es algo puntual, ya verás que el curso próximo hacen colas ante la puerta de tus aulas.
Que tengas un comienzo de curso agradable, ahora nos toca disfrutar de alumnos, que ya hacía falta.

jvelez@edu.xunta.es dijo...

Ánimo, Álvaro! Noutros sitios non estamos moito mellor. Pero ver noticias doutros centros nos indica que os problemas non son aillados.
Unha aperta, a a seguir "blogueando"
X.M. Vélez (OURENSE).

jvelez@edu.xunta.es dijo...

Ánimo, Álvaro! A información que dás é moi interesante, e indica que os problemas non son de un só centro, que son xerais.
Unha aperta.
X.M. Vélez (Ourense).

Luis Inclán dijo...

No me ha pasado desapercibida la velada referencia a mi persona... (gracias por lo de 'enfermedades de juventud).
Ya se ve que en todos los sitios 'cuecen habas'. Al final, habrá que recibir a los alumnos extendiendo la alfombra roja de los grandes acontecimientos.
Un abrazo y que tengas buen curso.

Susana Losada dijo...

Xa lin este artigo hai uns días e non souben que dicir como consolación. Seguro que o do latín e puntual, pero o do grego é moi moi preocupante e triste. Eu tamén estou de acordo contigo en que habería que repensar a programación do grego. Neste momento non se pode manter un contido dun 70% de lingua (que se acaba convertindo nun 90%...) A ver si nos poñemos as pilas e somos quen de reaccionar