"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.
Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).
O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio como "Centro Educativo Creativo".
Na imaxe podedes ver aos profesores que formamos parte do proxecto (de dta a esq.): Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.
5 comentarios:
Enhorabuena, es una noticia estupenda.
Gracias Ana!
Noraboa, Álvaro.
Grazas Daniel, e noraboa a ti tamén polo gran traballo que estás facendo este ano dende o teu blog.
Noraboa, máis que merecido!
Publicar un comentario