8/10/12

Por que Latín?

Para que vale o Latín, para que vale o Grego. A eterna pregunta, á que estaremos obrigados a responder ata o final dos tempos.

Poderemos, chegado o caso, documentarnos na categoría "Defensa das Clásicas" da web de Chiron ou nestoutra serie de webs que fun recompilando co tempo.

E se a Musa nos é esquiva poderemos buscar a inspiración neste artigo que me fai chegar María Teresa Amado, da USC, onde nos conta en que medida somos aínda hoxe latinos.

A romanización, o monte Medulio, as linguas romances, o latín científico de Linneo, os latinismos de uso cotiá, as palabras patrimoniais e cultas, o latín macarrónico e, como non, o ministro Solís, egabrense, á quen fariamos de xeito inmediato paisano do noso amado Wert se, obviando o xentilicio latino, nos deixáramos levar pola variante patrimonial.

Por que latín?