15/1/14

Odisea 2014

Unha vez máis aquí estamos, dispostos a embarcarnos nesta aventura, que na Gallaecia será a novena

Este ano teremos de novo 6 sedes: Valencia-Castellón-AlacantCatalunyaAragónValladolid e GaliciaO tema elixido nesta edición é O teatro en Grecia e Roma.


Dende o MGB temos inscritos os seguintes equipos:

4º de ESO:
  • ATENEA
  • TARPEIA
  • AS SABINAS
1º BACHARELATO
  • VICTORIUM
  • NIKE
  • CEREBRUS ILUMINATUS
  • DEMÉTER E PERSÉFONE
2º BACHARELATO
  • INVICTUS
  • FIAT LUX
  • LATIN QUEENS
  • CAVE ALVARUM
Como vimos facendo os últimos anos o xoves 6 de febreiro, día do preguntón, os alumnos "Clásicos" do MGB e o seu magister pasaremos toda a mañá entre a Biblioteca e a sala de informática. Será unha actividade máis, apoiada pola vicedirección do centro e incluída na programación. Nervios e emocións aseguradas.

Este ano, grazas ao conseguido polo proxecto Dives Gallaecia, os premios que outorgaremos aos 3 primeiros clasificados do MGB serán algo mellores que os do ano pasado: un cheque-regalo de 90€ para o 1º, 60€ para o 2º e 30€ para o 3º.

E ademais, ao rematar as clases desa mañá, reunirémonos na cafetería do Centro a degustar uns solemnes pinchos. Esperamos contar coa compaña dos exalumn@s que participaron no proxecto en anos anteriores. Os postres corren pola nósa conta. Eu contribuirei cunha receita de garum (falso!).

No hay comentarios: