18/11/15

Lillus Maximus (et minimus)

Na tarde de onte, nun obradoiro didáctico organizado dende SEECGalicia na Facultade de Filoloxía de Santiago, tivemos a oportunidade de desfrutar como gladiadores e amanuenses baixo a implacable batuta do arbiter Lillus Maximus, ben axudado nas bandas por outro integrante da saga (neste caso, Lillus Minimus).
Despois do oportuno iuramentum (uri, vinciri, verberari, ferroque necari!), Fernando percorreu con nós o fascinante mundo dos gladiadores romanos. Aprendemos sobre a súa dieta, os tipos de loitadores, as súas armas e técnicas de combate habituais, a morte e ritos funerarios, e desmentimos algún tópico que outro, que tanto éxito tivo nas pelis e novelas de rigor.

Logo chegou o turno da escritura, onde puidemos deixar testemuño das nosas habilidades co calamus, escribindo en papiro algunha pasaxe da Odisea. É este un obradoiro que se pode realizar con facilidade nas aulas dos centros, xa que o material pode conseguirse con facilidade e non representa un gran custo económico (cousa que non pode dicirse do anterior, xa que, como nos confesaba Fernando, só un casco custa arredor de 200 euros, unha cifra impensable co presuposto que temos nos instis)

E aínda que estamos aínda moi lonxe dese moderno Faro de Alexandría que é para os profes de Clásicas a Domus Baebia, quizais sexan estes uns primeiros pasos na boa dirección para conseguir algo semellante nun futuro na Gallaecia.

1 comentario:

Fernando Lillo dijo...

Grazas, Álvaro, por este magnífico post. Disfrutamos todos moito. A ver se nos vamos animando a facer cousas como estas (e outras nas nosas aulas). O ano pasado traballamos escribimos en latín frases da Eneida, cousa que tamén é sinxela, e tamén xogamos aos xogos romanos antigos, algo que tampouco é moi difícil de facer. Hai que incorporar ás nosas aulas os elementos de "realia" que estén relacionados coas nosas linguas: moedas, lucernas, reproduccións... Colocarei no meu blog algunhas suxerencias sinxelas moi pronto, aínda que xa poden atoparse algunhas.