10/1/16

Gloria Victis, "El precio de la derrota"

Está xa nas librarías o segundo volume da saga "Gloria Victis", (que xa comentaramos nesta entrada hai uns meses), firmado, como o anterior, por Juanra Fernández (guión), Mateo Guerrero (debuxo) e Javi Montes (color).


Aelio, convertido nun home, volve pisar a area que viu morrer ao seu pai. Alí revive inevitablemente os recordos que cambiaron a súa vida, á vez que se intensifican os seus sentimentos amorosos cara á fermosa Fabia. Os cabalos son agora a súa única familia, e sobre un carro convértese no gran auriga que foi o seu pai.

En liña co episodio anterior, cunha reconstrución histórica máis que digna, podemos asomarnos ao mundo das relacións entre dominus (mellor dito, domina) et servi,  dos gladiadores e aurigas profesionais, da relixión e dos ritos funerarios.

Temos ademais unha escena de carreiras de carros que nos recorda, como non, á da película Ben-Hur, aínda que cun final diferente, que deixa as espadas en alto para a seguinte entrega, na que se vislumbran os xogos de Narbo, a cita previa para a gran competición no circo máximo de Roma...

No hay comentarios: