
Para o tema da transmisión da literatura grecolatina deixo aquí esta relación de artigos e novas, que con toda seguridade seguirá crecendo no futuro.
- En primeiro lugar, un artigo de El País, onde nos conta a historia duns textos recuperados a partir dun papiro calcinado pola erupción do Vesubio, a fascinante historia da Vila dos papiros.
- Logo temos a rocambolesca historia do roubo e posterior recuperación dunha das xoias da coroa, o códice Calixtino. Podemos lela neste artigo de El mundo, ademais de enterarnos de que é un códice e da ímproba labor de copia nos mosteiros medievais.
- E para códices famosos, que mellor que "O libro máis misterioso do mundo", que podemos ler no diario El País.
- Para saber algo máis dos tipos de letra, un factor que tamén influiu na transmisión, atopamos esta lectura, "El monje de la mala letra", tamén no diario El País, sobre a historia, o presente e o futuro da caligrafía, da man de Ewan Clayton, un personaxe entre monxe medieval e gurú de Silicon Valley.
- Outro factor decisivo na perda de obras literarias foron as guerras e catástrofes, que provocaron entre outros o incendio da Biblioteca de Alexandría (máis que un, varios deles...). Ben, pois aquí temos unha crónica da BBC na que nos conta o que a guerra actual do Estado Islámico está facendo cos restos arqueolóxicos de Palmira.
- E falando de Alexandría, por qué non considerar esta Biblioteca o Google do século II a.C.? Isto é o que propón esta entrada de CanalHistoria.
- Na cuestión do cambio de soportes, non está de máis volver a abrir o debate da loita entre o libro de papel e o libro electrónico, porque parece que o primeiro goza aínda dunha "mala saúde de ferro", como Churchill. Así o pensa e demostra con cifras e datos estatísticos Joseba Eola, dende este artigo de El País.
- As labores dos copistas nos códices que poden ser a cuna do español, "Os cartularios de Valpuesta", neste artigo de El País.
- E por último, para os instrumentos de escritura, a curiosa historia do bolígrafo, que resulta ser un invento moi recente, nin máis nin menos que de mediados do século XX. Lémolo na Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario