
Este ano, ademais de poder ver e tocar a edición fácsimil do orixinal de 1055 do Libro de Horas de Fernando I, tivemos a oportunidade (única tamén para min) de ter diante dos nosos ollos edicións antigas de clásicos da literatura latina, como Plauto, Terencio, Cicerón ou Ovidio.
Estamos a falar por exemplo dunha edición de Plauto do ano 1540, ou doutra de Cicerón datada no 1584. As de Terencio e Ovidio eran máis recentes, tan só de hai 300 anos!

Botemos senón unha ollada a estas pequenas e imprescindibles parcelas do saber:
- soportes e instrumentos de escritura (do papiro ata o libro electrónico e o audiolibro!)
- as bibliotecas da Antigüidade
- os factores que influíron na transmisión
- a labor dos copistas
- os tipos de letra
- a chegada da imprenta
- os incunables
- o aparato crítico
- os palimpsestos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario