Para Karina, para Olaia, para Lucía, para Lorenzo, para a santa ortografía, para María.
Para Sandra, para Vanessa, para Marlén, para David, para Aitana, para Yván.
Para Karen, para Javier, para os emeriti, Lorena e Manuel.
Para Chus, para Iria, para Erea, para Diana.
Para a musa dos Wikis, para as conditiones sine qua non, para os informáticos da consellería, para o ascenso do Pontevedra.
Para os dezanove, no desfiladeiro, na beira desta via strata, dándolle voltas a esta spina do Latín II, 2006/07, nas dúas factiones, A e B.
Para a raposa, as uvas, a cornella e a gralla, o pastor e a cabra, a serpe e a lagartixa, o simio da carnicería, a ovella que non era ovo, o touro que non podía pasar, para as rás que querían un rei.
Para os ablativos de Eutropio, con Cicerón de consul ou sen el, para un recordo de Anquises nos infernos, para Marcelo, para o tonto Claudio detrás das cortinas, para Livia detrás de Augusto, para os populi e os castella galaicos, e para o froito do teixo no Medulio, e para Plauto que volve a Lugo tódolos anos en forma de Sardiña.
Para os fitotopónimos (e os Fitipaldis), para o sursum corda, que este ano xa non vai a ir a selectividade.
Para todos nós, que, como dicía Borjes, inquirimos as declinacións, os modos, a laboriosa mutación das letras, que tivemos as noites (e os días) cheos de Virxilio, que unha vez soubemos e esquecimos o latín.
Para Dido e Eneas e o seu refuxio na tempestade, para que algún de vós lle dea a réplica a Cicerón escribindo un de iuventute, para que a vosa inventio ilustre os comentarios, vestindo as palabras coas roupas dunha boa elocutio.
Para que non esquezades quis, quid, cur, ubi, quando, quemadmodum, quibus adminiculis, vos intentou aprender o latín.
4 comentarios:
A verdade que tendo rematado este curso sinto un gran alivio por unha parte, pero por outra gustariame que polo menos durase un ano máis xa que creo que tiven un gran acerto ó escoller este bacharelato e isto récálcano asignaturas coma latín ( e dígoo xa unha vez posta a miña nota e non pretendendo un último cambio desesperado jeje ).A pesares de que quizáis se aproveitou da nosa bontade traballadora resultome moi entretido e enriquecedor, sobre todo a parte de cultura porque dá gusto escoitar a explicación dun profesor que de verdade pretende ensinarche algo e é capaz de contaxiar o seu interese ós alumnos. Tamén considero un gran acerto as películas, os documentais, as súas chaquetas americanas, a aula virtual e como non o bo nivel que considero que en xeral logramos. Eu difícilmente me poderei olvidar do latín porque vouno a ter na carreira pero penso que tamén tódolos meus compañeiros gardarán orgulosos ou moi ó seu pesar a lo menos algún latinismo rebelde que se afane en deixar ese camiño aberto cara Roma...( sinto se tódolos meus espazos non van absolutamente ben colocados ) CARINA CARBIA SINDE
Todavía lembro a primeira clase de latin nun xa lonxano 2005..
Lembro abrir aquel libro(agora cheo de garabatos e muñequiños)eatoparme con aquel cadro das declinacions e pensar: mi madriña a que nos espera..
Ano e medio despois podo decir orgulloso que superei as declinacións,as batalliñas de Augusto e CIA (sigo pensando que Heliogábalo é o mellor ainda que non comparta a miña opinión) e todas esas cousiñas que vostede sen (ou mellor dito con)presa e sen pausa dedicouse a ensinarnos durante unhas cantas clases.
Pode respirar tranquilo, quedounos ben clariño que Claudio non tiña todas as luces acendas na azotea, que as zorras (animais) e os corvos pelexan por un anaquiño de queixo e que César e Pompeyo non se quixeron en exceso.
Voume cunha certa sensación de nostalxia, de pensar que non habrá mais puntos vermellos nin mais wikis(debo decir que acabei odiandoos con todas as miñas forzas)nin mais excursións a Lugo (que espero que non se volvan a celebrar un luns)
E falando xa de min, espero que sempre se acorde da peor caligrafía que veu e verá por sempre xamais.
Para rematar deixo a frase que adorna a miña portada da libreta de latín:
"Non son Merlín mais entendo o meu latín"
Non sei quen tivo a chispa de escribir tal orixinalidade pero vese que o fixo nun verdadeiro golpe de gracia XD
Saludos!
LORENZO CHEDAS REDONDO (el chico de los cuadernos de caligrafía Rubio)
Bueno por fin decidinme a escribir aqui unhas palabras a pesar do pouco que me gusta escribir e menos en ocasións coma estas. Creo que estos dous anos foron moi gratificantes, con esforzo conseguimos aprender moito que tamén hai que decilo, foi recompensada. Creo que as clases de latin foron innovadoras respecto ás outras na miña opinión. A creación dunha páxina web propia, lecturas, traballos, e unhas traduccións máis ou menos asequibles fixeron que unha asignatura que tan mala reacción soe dar ó oir o seu nome se convertira nunha das mellores. Debo recalcar que esto non sería asi se o profesor non sentise unha verdadeira pasión pola súa asignatura e nos introducise no magnífico mundo grecolatino que a min tanto me gusta. Nótase que é algo que lle gusta e faise moi agradable aprender de xente así e non ter que aguantar a profesores que van con desgana á clase e que nos transmiten ese aburrimento. Como a miña compañeira Carina, considero tamén un acerto as películas, os documentais e como non, as americanas. Creo que houbo un gran ambiente na clase e espero non olvidar estes últimos dous anos, que cos seus máis e menos merecen ser recordados, por todo o que aprendidos e polos bos recordos obtidos. Animo ós demáis a que escriban porque se eu o fixen xa é o mínimo xD. (Xa sei que está mal escrito pero non se me pode pedir máis)
Olalla Gómez Reyes
Bueno, xa que Olaia escribiu terei que escribir eu tamen jaja...
Pouco queda por dicir que non dixeran xa os meus compañeiros. Para min, estes dous anos de clases de latín foron moi interesantes e proveitosos (e se o digo eu que non pasaba moito por clase, ten que ser así...jeje)
Creo que a Aula virtual foi un bo intento para facernos traballar a todos, e conseguiuno.
Debo dicir que me quedei cos ganas de saber se conseguín pasar a Diana no récord de puntos vermellos, espero haberlle ganado porque tiven que facer un gran esforzo para conseguilo jeje...
Agora que rematou o curso, podo dicir que, aínda que a moitos lles pareza raro, a min me entusiasma o latín (sobre todo a traducción), e isto reflexase en que é a nota máis alta que teño jeje...
Sei a ciencia certa que nunca esquecerei estes dous anos e, moito menos, todo o que tiven a oportunidade de aprender.
Recordarei sempre que Eutropio NON ERA un analísta e que non todo o vocabulario que non me sei son tipos de gladiadores; que Cicerón era un home advenedizo en tódolos sentidos, que a estatua velada de Augusto foi atopada en Mérida, que Tito Livio foi o gran historiador romano e que a raíña Dido se suicidou por motivo de amor...
Despídome xa cunha frase que César pronunciou antes de cruzalo Rubicón e eu recordarei sempre...
Alea iacta est
Un saúdo:
Erea Rivero Portela
Publicar un comentario