11/10/06

Repetitio non petita ... (PAAU latín)

Hoxe toca falar dos textos elixidos para a modalidade de verso. Poñamos algúns exemplos de textos que se repiten ano tras ano, ¡algún ata tres veces!:
  • "... ego primam tollo nominor quia leo..." (xuño 2006-xuño 2000)
  • "... Nocturnus cum fur panem misisset cani ..." (setembro 2006 - xuño 2002)
  • "... Hyppolytus obiit, quia novercae creditum est ..." (xuño 2005 - setembro 2004 - setembro 2001)
  • "...Corium depressum in fluvio viderunt canes..." (setembro 2001 - xuño 2003)

    ¿Segue este procedemento algún patrón pedagóxico?, ou como dicía Rosendo: "es simplemente despiste,
    maneras de vivir..."

    pd: outra anécdota. En xuño de 2004 o texto de prosa da opción 2 tiña só 18 palabras, das cales 8 eran nomes propios. En xuño de 2006 a mesma opción tiña un texto de ¡43 palabras! e 5 oracións subordinadas.