6/10/06

Res, non verba

Hoxe chegou o Instituto o escrito firmado por varios profesor@s de latín, onde expresan o seu malestar e desconformidade coas probas da selectividade, escrito que apoiamos dende aquí. E facendo uso daquel "Res, non verba", pasamos á lista das nosas 3 preguntas favoritas dos últimos anos:

  • 3º posto, ecléctico: O eclecticismo romano, coma corrente filosófica, está representado por Cicerón: ¿cales son os seus fundamentos teóricos? ¿Que problemas aborda e que cuestións fundamentais defende? (xuño 2006)

  • 2º posto, específico: ¿Que trazos distinguen o teatro de Terencio do de Plauto?. Cite algunha obra de ambos na que considere que se observa con maior nitidez a especificidade distintiva. (xuño 2006)

  • 1º posto, ex aequo: Uso do diccionario (setembro 2003)/ A palabra coa que concordan os participios ¿é axente ou paciente? (setembro 2003)
  • 2 comentarios:

    Ana Ovando dijo...

    Menudas preguntitas ...

    Supongo que no se podrá firmar desde fuera de Galicia, pero mi apoyo, ya lo tenéis.

    Anónimo dijo...

    Despois de moito pensar creo que non nos qedara mais remedio que aceptar os deces que Alvaro nos poñera a todos a final de curso para compensar as dificultades do examen.....:)!