27/3/07

CICERÓN E MOODLE


Dende este curso a Consellería de Educación está a implantar nos centros un sistema de aulas virtuais baixo a plataforma moodle.

Teño alí deseñados tres cursos, Latín I, Latín II e Cultura Clásica de 4º, que podedes ver ao ter activada a entrada para convidados.

Enlazando coa entrada anterior sobre Cicerón e a Oratoria, pensei nun sistema para que os rapaces puidesen contestar a unha serie de preguntas sobre un documento determinado. Para este fin usei o recurso da "wiki", un documento que pode ser editado individualmente ou en grupos.

Neste caso concreto tomei como base os documentos de lecturas sobre Cicerón, Introducción de Pina Polo, extracto de In Catilinam e De legibus e outro extracto de De senectute.

Nestes wikis están as cuestións que os alumnos deben responder sobre os textos. O fan directamente usando un sinxelo editor que incorpora moodle. O propio sistema permite fixar un prazo para realizar o traballo e unha vez finalizado eu corrixo os exercicios co propio editor de texto, usando cores para resaltar os erros e engadindo ao final unha calificación. Tranformo despois os wikis en páxinas de só lectura para que os alumnos non os poidan modificar unha vez corrixidos.
* p.d.: dende hai uns días o sistema non funciona ou non o fai correctamente debido a unas "obras" que están a realizar dende a Consellería. Como podedes ver ten un problema cos tiles.

1 comentario:

Ana dijo...

Enhorabuena, Álvaro, con profesores como tú la enseñanza no corre peligro. Eres fantástico.

En mi centro nos lo pusieron, pero como era la única que había empezado a trastear, el informático lo eliminó sin avisar ("no sirve para nada"). Ayer lo volvió a poner, ya veremos si consigo que lo mantenga y el próximo curso podemos trabajar en ese espacio. Creo que puede dar muchas alegrías a profesores y alumnos, si aprendemos a usarlo correctamente.

No sé si la conoces, pero por si no, esta historia me encantó, creo que refleja tu espíritu a la perfección.

Besos.