30/3/07

Fedro en Internet

Das moitas páxinas que podemos atopar na rede sobre este autor, que, xunto con Eutropio, traducirán os nosos alumnos nas PAAU deste ano, destacaría dúas:
  • Unha delas é a da Bibliotheca Augustana, que inclúe os cinco libros completos máis a Appendix Perotina. Aquí podemos atopar o texto latino de calquera fábula que queiramos, ademais dunha breve descrición do autor e unha lista das edicións principais. Estou elaborando una selecta para os meus alumnos, que vou actualizando pouco a pouco, a medida que imos traballando os textos na aula.
  • Outra páxina moi interesante é a do Classics Technology Center, que inclúe un inxenioso sistema que analiza morfosintácticamente o texto de moitas fábulas, ofrecendo ademais a entrada das palabras tal e como veñen no diccionario (iso sí, en inglés!).
En exercicios deste tipo xa traballamos en anos anteriores con textos de Virxilio, na web The Vergil Proyect.
Para os alumnos resulta unha experiencia moi positiva o feito de contar con esta axuda cando se enfrontan aos textos, aínda que as entradas das palabras veñan coa súa traducción inglesa. Por iso é bo que cando se vai á sala de informática leven con eles o diccionario de latín e outro de inglés (aínda que tamén poden usar un diccionario "en liña")

1 comentario:

Carlos Cabanillas dijo...

Tal vez pueda resultar de interés también esta página, con archivos de audio e ilustraciones de algunas fábulas.