Quedan xa moi poucos días de curso para os alumnos de 2º de bacharelato e imos rematar este ano traballando os procedementos de formación de palabras en latín, a derivación e a composición, e a súa pegada na evolución ás linguas romances, xa que é esta unha das preguntas de "cultura clásica" que van caer no exame da Selectividade 2007, aínda que con escaso valor, só 0,75 na nota final (e ademais é a elixir entre catro, unha de latinismos, outra da Romanización da Gallaecia e unha máis de toponimia)
Para iso elaborei un documento onde se recollen os principais prefixos e sufixos, tanto na súa forma latina como a evolución ao galego e castelán, acompañados de exemplos e significados de cada un. Tamén se inclúen os elementos léxicos máis habituais que interveñen na composición erudita.
E xa que estamos cos temas das PAAU, entre os que se conta A Lírica e Horacio, na nosa aula falamos sobre todo dos tópicos literarios horacianos e a súa influencia na literatura posterior, con especial mención na literatura galega, basándome nun traballo anterior do noso pater Carlos Cabanillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario