11/11/07

Asclepio, o sono e a serpente

"Xuro por Apolo o médico e Asclepio e por Hyxeia e Panacea e por todos os deuses e deusas, poñéndoos de xuíces, que este o meu xuramento será cumprido ata onde teña poder e discernimento."
Así comeza o Xuramento Hipocrático e tamén o interesante artigo de José Ángel Montañés sobre este deus grego, que aparece no suplemento de Saúde do diario El País do sábado 10 de novembro, que podedes descargar dende aquí en *pdf.
O mesmo diario recollía tamén o 28 de outubro, co suxerente (e quizais errado) título de "Esculapio sale del Quirófano", a noticia da restauración da famosa estatua de Empúries.
E digo errado despois de ler as ben fundamentadas razóns do noso amigo Sebastià.

No hay comentarios: