8/11/07

CHIRON CAMBIA DE MARCADOR SOCIAL

Unha das seccións máis eficaces e útiles de Chiron é o seu marcador social, onde os usuarios recopilan e/ou buscan recursos a través de etiquetas.
En Chiron decidímonos nun primeiro momento por Blinklist, que foi un dos primeiros servicios que permitía a creación de grupos de usuarios.
Sen embargo, dende hai algún tempo vimos advertindo certas anomalías no funcionamiento de Blinklist, sobre todo no que máis nos interesaba en Chiron, os grupos.
Finalmente decidimos cambiar o noso marcador social de sitio. Despois de sopesar algunhas alternativas, como o magnífico Mister Wong, decantámonos por Diigo, que nos parece que, a pesar de estar en inglés, xestiona as etiquetas e as ligazóns dunha forma más áxil e eficaz.
Este é o novo marcador social de Chiron. Únete a él e colabora con Chiron. Se eras usuario de Blinklist, podes importar todos os teus enlaces a Diigo e engadir ao grupo Chiron os que ti indiques.
Se necesitas unha breve introducción ao uso de Diigo, podes ver este pequeno vídeo.

No hay comentarios: