21/11/07

A COVA DE RÓMULO E REMO

Nestes días acabamos de rematar en clase o tema da historia e a lenda da fundación de Roma, e mesmo vimos unha parte da película "Rómulo e Remo", antolóxico peplum que fixo estragos no público de Latín I.
Pois por se todo isto fose pouco, agora lemos esta nova publicada no diario El País que nos conta que o ministerio de Cultura italiano revela o descubrimento arqueolóxico da cova onde o pastor Fáustulo atopou aos fillos de Rhea Silvia.
Podedes descargala dende aquí en versión *.pdf.

No hay comentarios: