21/11/07

SENATUS POPVLUSQVE ROMANUS

Con este suxerente título da comezo hoxe no Centro de Exposiciones Arte Canal de Madrid, esta exposición que recolle diversos ámbitos do mundo da antiga Roma: Grecia en Roma, os símbolos do imperio, relixión, sociedade, economía, arquitectura e urbanismo, xogos e espectáculos, a casa e vida cotiá, mundo funerario, o exército e Hispania.
A mostra comeza o 21 de novembro e remata o 2 de marzo.
Tedes toda a información na propia web da exposición e podedes descargar dende aquí esta nova en *.pdf que aparece no diario El País.

No hay comentarios: