17/1/08

A REPÚBLICA DAS LETRAS

Nace un novo blog na bárbara dives, esta vez da man de Xosé Antonio López Silva, dende un dos quizais más fermosos institutos que pode haber por estes lares, o IES Porto do Son, situado á beira da praia, na ría de Muros e Noia, emerxendo dende o verde dos piñeiros, non moi lonxe do castro de Baroña, que ben podería pasar pola famosa aldea de Ásterix e Obélix...
A medio camiño entre un blog de aula e un blog de profesor, Xosé Antonio prométenos reflexións futuras que só agardan o seu momento para ver a luz. Benvido á blogosfera e esperemos poder verte pronto no planeta de Quiron.

1 comentario:

Unknown dijo...

Moitas grazas pola túa amabilidade, e polo teu espléndido facer. Un gran abrazo