Onte acudimos, os alumnos "clásicos" do MGB, á edición 2008 do festival de teatro grecolatino de Lugo, organizada por SEECGALICIA dentro da rede de festivales da asociación PROSOPON.
Nesta ocasión os encargados de dar vida novamente aos personaxes de Eurípides foron os compoñentes do grupo vigués Arela das Artes. Prometían música de arpa en directo, pero puidemos enterarnos de que un problema coa compañía de seguros impediu a viaxe da arpa a Lugo, así que tivemos que conformarnos con música pregravada, malia que nalgún momento da representación escoitamos unha traballada polifonía dos actores, que daba perfecto acompañamento aos monólogos dos protagonistas.
Escoitamos alí a Agamenón e Menelao, ante as prediccións de Calcante, e como un enfrontamento inicial da lugar a un acordo entre irmáns, as dúbidas e a responsabilidade do rei de Micenas, o engano tramado e o arrepentimento. Logo chegaron a inocencia de Ifixenia, a "cofradía do santo reproche" (Sabina dixit) de Clitemnestra, as poderosas razóns de Estado do rei Agamenón , e o valor de Aquiles, esvaecido ante as ansias de botín dos mirmidóns. Quedou á vista de todos a misoxínia e o sometemento da muller ao home no mundo grego, que provocou algún que outro comentario entre o público. Estamos en 2008. Non todo son malas noticias no mundo educativo e na sociedade. Os cambios van calando na xente nova.
Unha representación que durou case dúas horas, excesivo para algunha, á que Morfeo non permitiu enterarse do final. Outros preferiron atronar os seus oídos cos mp3ses, ou mpcatros. A maioría tivo un comportamento impecable. Outros deixaron escapar unhas risas estúpidas nos momentos culminantes da acción.
Para min foi unha das mellores representacións de traxedias de entre todas as que levamos visto neste festival, quizais a mellor. Os actores decididos e con poderosa dicción, a iluminación perfecta, a escenografía sobria, os movementos do coro dunha plasticidade moi traballada.
Aos meus alumnos: espero os vosos comentarios e a vosa opinión persoal sobre esta representación. Fundamentados, sexan positivos ou negativos, e as críticas envoltas sempre no veo da fina ironía...
pd: podedes ver máis fotos no álbum colgado na galería do MGB.

4 comentarios:
si weno...ó final nu era mu dificil saber ken era o k kdou encantado con esta traxedia...xD os coros estou dacordo contigo en k o fixeron moi bem peo os personaxes podían ser un pok mas amables esteticamente xP. wue na mas k dsir, k eu a pesar d k me pegaba o sono resistinme peo pa proxima pnso faser o mismo k a bella durmiente anonima q se xama rakel..upss non debín dcir eso :P weno k a pesar d k foi bastante larga, levouse m8 meyor k as actividades da tarde jej. BeixiñoS!!
PS: non te keixes k inda me esmerei na extension...¬¬
Á hora de comentar esta obra, coincido ao dicir que a calidades dos actores, as súas expresións ante os momentos de dor ou a harmonía do coro cuns movementos moi ben definidos e unha perfecta interpretación, é moito mellor á de outros anos, nos que si me teño percatado dalgún tropezo. Pero ante todo, debo dicir que houbo algún que outro momento no que a obra se me fixo demasiado longa debido aos longos e interminables monólogos. Para min, o mellor de toda a obra foi sen dúbida o momento de música en directo no que o coro interpretou un canto a varias voces mentres un escravo narraba o que acontecera no momento do sacrificio de Ifixenia; un momento importante da traxedia que acompañado desa difícil pero moi ben feita interpretación captaba a atención de todo o público.
Segundo o meu punto de vista a obra tivo unha duración excesiva que provocaba certo aburrimento e incluso somnolencia. Sen embargo estaba ben estruturada e posuía todos os ingredientes necesarios para ser unha representación excelente.Cabe destacar tamén o traballo dos actores que tivo unha execución perfecta, chea de dramatismo cando se precisaba. Tamén podo salientar a actuación do coro dentro da obra que era decisiva para a súa comprensión e lle proporcionaba dinamismo e emoción. En xeral teño unha opinión positiva da obra, exceptuando a desproporcionada duración desta.
En xeral, a acción da obra transcorreu demasiado lenta, aínda a pesares de ser unha traxedia. O que a fixo parecer máis longa do que en realidade foi. Os monólogos eran demasiado extensos, pero tamén serviu para dar fe da memoria que os actores tiveron que utilizar para quedarse con ese longo guión. Cousa que aínda destacou máis polos escasos erros ao momento de recitar os discursos. Os actores lograron transmitir os sentimentos e carácteres dos personaxes. Pero algún estaba demasiado esaxerado, por exemplo Aquiles que falaba nun ton non sempre acorde co que estaba dicindo. Os momentos nos que tiñan que transmitir a angustia conseguíano á perfección. Pero a parte de toda esta serie de valoracións positivas, a obra fíxose demasiado longa e pesada. En canto ó público, é certo que houbo risas inoportunas, pero é xustificable polo aburrimento despois de levar un certo tempo alí dentro mirando unha obra tan lenta como esta.
MARIA
Publicar un comentario