18/5/08

CENTAUROS DE OURO 2008

Hai agora un ano, Chiron outorgou os seus primeiros "Centauros de Ouro" a tres alumnos de Bacharelato que se distinguiran pola súa dedicación ás linguas clásicas a través dos seus respectivos blogs. E desexo de Chiron dar continuidade a este galardón simbólico para fomentar as linguas e cultura clásicas a través de Internet entre os nosos estudiantes. E volvemos facelo hoxe, día adicado a Internet.

Así, outórgase un simbólico "Centauro de ouro" aos seguintes blogs:

http://homobonusperitusdicendi.blogspot.com

de Jaume, alumno de 1º de bacharelato que cursa Latín e Grego

http://sogradargos.blogspot.com

blog colectivo sobre referentes clásicos, mantido por alumnos de 2º de bacharelato dos Institutos Violant de Casalduch (Benicàssim), Vila-Roja (Almassora) e Joanot Martorell (Elx).

Con exemplos así, todos sentímonos ilusionados en canto ao futuro das clásicas. Como hai un ano, gustaríanos que os galardonados comentaran as súas inquedanzas, as súas ilusións, a súa paixón polo mundo grecolatino, etc. Quizais contribúan con isto a espertar futuras vocacións entre compañeiros seus máis novos.

O "Centauro de ouro" enviarase aos premiados, para que poidan insertalo no seu blog. ¡Noraboa a todos! CHIRON desexa agradecervos desta maneira o voso esforzo.