Lonxe daquela onda de erotismo que nos invadía, agora son as TICs as que preparan o seu desembarco na Gallaecia.
Primeiro será o congreso de Internet en el aula, nas súas modalidades virtual e presencial, esta última nas cidades de Santander, Granada, Madrid e Barcelona entre os días 26-28 de xuño (inscrición gratuíta). Neste evento presento unha contribución que recolle o meu traballo en Moodle, e que leva por título "Aulas Virtuales: diseño de un curso de Latín (Moodle)".
Logo virá, nos días 3-4-5 de xullo na facultade de Ciencias da Educación de Santiago, o 3º encontro de Edublogs 2008 (inscrición 40€), cun máis que interesante programa que inclúe dous días de talleres (blogs, wiki, exeLearning, iniciación a Mac, Moodle, wikispaces, Joomla, etc), e onde presentarei, invitado por Lourdes Barroso, a un "Coñecido centauro 2.0".
En setembro, días 3-4-5, chega tamén a Santiago o congreso internacional "Edutec: las TIC, puente de cultura entre Europa e Iberoamérica", cunha asombrosa cota de inscrición de 250€ e a concesión de 1-crédito-1 (10 horas).
E xa no outono chega Chiron, co curso "Chiron 2.0: Clásicas na aula", organizado por SEECGalicia dentro do marco dos cursos de PosGrao, Terceiro ciclo e Formación Continua da USC (inscrición 70€), que terá lugar no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela na tarde do venres 21 de novembro e o sábado 22, en sesións de mañá e tarde, completándose ademais cunha segunda fase virtual ata chegar ás 100 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario