9/10/08

Linguas indoeuropeas minoritarias

Ás veces, as explicacións que damos nas clases resultan excesivamente teóricas para os nosos oíntes (clientes), e máis se estamos a falar dunhas linguas de remota orixe e sesuda clasificación.

Así as cousas, o máis probable é que non lle deixen moito espazo no seu disco duro (nin por moito tempo) a todo o que lles contemos (e iso se non se produce xa un formateado exhaustivo ao saír ao recreo...)

Anos atrás, antes da internet, sen dúbida sería unha ardua tarefa para un profesor o proceso de obter materiais con que ilustrar a existencia dunha serie de linguas de uso minoritario en Europa, pero que comparten coa maioría das faladas hoxe en día a procedencia indoeuropea.

A non ser que tivesemos un coñecido bretón, escocés ou da Provenza, a verdade é que non debía ser doado facerse con textos nestas linguas, e moito menos con gravacións sonoras.

Pero os tempos son chegados, que diría o bardo, e hoxe podemos facer ver (e oír) aos nosos alumnos que hai outras linguas que loitan por sobrevivir, outros pobos que traballan por conservar as súas raíces, a súa cultura.

Deixo aquí unha serie de ligazóns que poderán servir de base para traballar na clase. Trataríase de construír un vocabulario básico de cada unha, aprender unhas frases sinxelas, reproducir pasaxes en mp3, etc.


Occitano/Provenzal



Sardo

Bretón
Galés
Escocés

* Ilustracións procedentes da web Proel, onde podemos encontrar unha morea de información e datos sobre todas as linguas de orixe indoeuropea (et plus...)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi bo artículo e referencias, tanto con vistas á aula como para autodidactas coma eu. Gustoume a referencia a Eduardo Pondal, un dos meus escritores galegos favoritos (compite con Curros Enríquez). Un saúdo.