O venres, segundo día desta moot, tiven a oportunidade de coñecer algunha experiencia interesante (e outras non tanto). Como exemplo das primeiras destacaría as seguintes:
- "Usos pouco habituais en Moodle", ou como utilizar a ferramenta Consulta para crear grupos de traballo, un Foro como webquest ou libreta de exercicios, un Taller como pizarra virtual, as Wikis como libretas de grupo...
- "Forum de moodle como ferramenta para tratar o texto argumentativo", un substitutivo da típica "redacción" que mandamos aos alumnos.
- "Utilización didáctica y buenas prácticas con Moodle". Reflexión obrigada para os que utilizamos esta plataforma.
- "Moodle y los e-portfolio", comparativa entre as diferentes opcións. Desgraciadamente, non se nos mostrou un exemplar "acabado", co que nos quedamos unha vez máis coas gañas de coñecer o uso didáctico destas novas ferramentas, moi utilizadas xa, polo visto, en universidades extranxeiras.
Na sección de posters puiden coñecer a Juan Ezeiza, do Liceo Axular de Donostia, que propoñía unha "Reutilización lúdica de glosarios e bancos de preguntas", mediante o módulo non oficial de moodle "Games", de Vasilis Daloukas. Proporciona exercicios de "Imaxe oculta", "Serpes e escaleiras", "O aforcado", "Sopas de letras e encrucillados", "O millonario" e un curioso "Sudoku". Bos e divertidos exercicios para a autoevaluación e adestramento do alumno.
Houbo tamén intervencións que deixaban en evidencia ao ponente (nada novo, por outra banda). Nunha xuntanza destas características non se pode vir falar do "Uso do foro para favorecer a participación dos alumnos", e outras obviedades parecidas. Tampouco se pode abusar da paciencia do moderador de sala intentanto roubar máis minutos dos concedidos, queixándose unha e outra vez do pouco tempo (igual para todos) para presentar unha marabillosa (eso habería que discutilo) experiencia. A porfía dalgún foi tal que, como non calaba, provocou que nos apagaran a luz da sala (expeditivo método, pero efectivo!)
Novas ideas. Queredes insertar Audio no voso moodle ou blog? Probade con servizos como Imeem, Vozme ou Voki.
Programa completo da moot con ligazóns a pdfs, cursos, Foros e vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario