8/4/09

Composición Culta e Derivación de orixe grega e latina

compo_deriva_grega_latina_alumno_def_1_2

Este é o título desta actividade que preparei pensando nos meus alumnos de latín de 4º de ESO, aínda que o resultado final penso que ben pode aproveitar tamén aos de 2º de Bacharelato, sendo como é obxecto dunha das preguntas optativas do exame de selectividade.
É un documento de 19 páxinas, onde, logo dunha moi breve introdución á estrutura básica da palabra e á formación das mesmas, dase paso a unha táboa de composición erudita de orixe grega no primeiro elemento.
Temos unha serie de étimos e o seus significados desordeados. O alumno terá que construír unha nova táboa co étimo grego, o seu significado e aportar exemplos.
Sigue outra actividade idéntica, pero agora co étimo grego no 2º elemento da palabra, e outra máis con prefixos de orixe grega.
Logo vén o composición erudita de orixe latina, de 1º e 2º elemento, onde o alumno terá que seguir construíndo novas táboas, ademais de buscar o significado dos étimos latinos (os dos étimos gregos xa figuraban, aínda que desordeados, pero agora terán que empregar o diccionario).
Por último, dúas actividades un pouco máis difíciles. O alumno terá que completar dúas táboas de prefixos e sufixos latinos, ordeando os significados destes últimos é buscando exemplos de cada acepción léxica.
En resumo, 7 actividades que poden ocupar outras tantas clases, se deixamos aos alumnos que sexan protagonistas activos na busca das solucións.
Ao final do documento engadín a licenza creative Commons que utilizo tamén neste mesmo blog.
Todos os meus materiais están na rede, a disposición de todo o que queira utilizalos. O único que pido é o seguinte:
  • que se algúen os utiliza, me cite como autor
  • que non se faga uso comercial do mesmos
  • e que se se comparte ou transforma, se faga con esta mesma licenza
pd: se alguén de fóra da Gallaecia está interesado nesta actividade e quere traducir o documento a outras linguas para utilizalo nas súas clases, que se poña en contacto comigo ou deixe un comentario. Podedes encontrar esta e outras actividades interesantes na WiChiron, a wiki de recursos de Chiron.

5 comentarios:

Luis Inclán dijo...

¡Estupendo, Álvaro! Creo que lo miraré con detenimiento y probaré de pasarlo a mis alumnos de 4º de ESO.
Gracias. Felices vacaciones.

Ana dijo...

Gratias plurimas, carissime!

Fernando Lillo dijo...

Moi bo material didáctico. Moitas grazas, Álvaro.

ana peña dijo...

Moitas grazas Álvaro por compartires un material de tanta calidade! Poñereino en práctica xa mesmo cos meus alumnos.
Gratias tibi ago, vale
Ana M. Peña (Ies As Mariñas)

Álvaro P. Vilariño dijo...

Grazas a todos polo voso interese.
Digamos que esta é unha versión beta, aínda non probada nas aulas, xa que estou niso precisamente.
Estou preparando tamén uns exercicios relacionados para implementar no voso Moodle.
Dentro duns días sacarei a versión definitiva xunto cos exercios. Publicareino no blog e colgareino tamén na WIki de Chiron.