8/4/09

Peplum, de Blutch

Dende outubro do ano pasado está nas librerías esta inquedante historia saída da pluma deste autor de tan só 37 anos e publicada en España por Ponent Mon.
Unha adaptación libre do Satiricón de Petronio pero tamén unha homenaxe á Roma de Fellini ou ao Iulius Caesar de Shakespeare, segundo nos conta o propio autor nesta entrevista.
Nunha Roma convulsa tralo asasinato de César, de escuros mercaderes e de tebrosas navegacións baixo un ceo sempre ameazador, velaquí a historia dun amor imposible, dun descenso aos infernos na procura da beleza imposible e inmortal, a historia da cobiza e da ingratitude humana.
A historia do impostor Publio Cimbro, que persegue a unha moza atrapada nun bloque de xeo.
Nestes días, nas nosas rúas, outros moitos Cimbros sairán tamén tralas súas deusas, presas na madeira policromada.


Reseña en "13 Millones de naves"
Reseña en "La cárcel de papel"
Reseña en "Tras las turquesas cortinas"

2 comentarios:

Susana Losada dijo...

Acabo de ler este cómic e estou preparando (con moita calma) unha presentación de cómics con contido clásico. A verdade é que o lin sin ningunha referencia e non percibín que era unha versión do Satiricón. Pareceume unha historia interesante pero tamén un tanto caótica... Para min, o mellor é historia coa muller de xeo e o retrato da picaresca do mundo romano, algo que pode ser moi novedos para algúns lectores. Quizais para un adolescente non acostumado ao cómic non sexa unha lectura fácil.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Tes razón Susana, non é unha lectura fácil. De feito tiven que lelo un par de veces para entrar a fondo na historia.
Xa che comentarei o que me conten os rapaces.
Seica es unha lectora avanzada deste xénero, e non saes da librería Komic...!
Que todo se sabe...!