Hoxe, na miña clase de TIC de 1º de bacharelato, estivemos traballando cunhas carpetas onde se recollían as memorias anuais do noso centro dende os anos 60.
Ademais de enterarnos de que contabamos entón cun "director espiritual" (que terá sido del?), e que os "orfos da cruzada e división azul" tiñan matrícula gratuíta, fixeime nunha partida de gastos onde se daba conta da compra dunha colección de "filminas" por valor de 50.000 pesetas, unha fortuna naquel tempo, sen dúbida.
Todo isto vén a conta de que, nesta semana, as voces gregas, ás que non se lle escapa nada do que acontece pola rede, subiron ao marcador social de Chiron a referencia dunha wiki sobre o foro romano, que contiña á súa vez unha ligazón a unha páxina imprescindible para min a partir de agora, aínda que probablemente lles parecerá ridícula aos profesores de latín do 2059, se é que aínda quedan...
Trátase do Digital Romam Forum, unha reconstrución virtual do foro romano realizada pola Universidade de California.
Dende un mapa eliximos un monumento e de seguido chegamos a unha nova páxina onde temos unha descrición do mesmo acompañada de varios vídeos panorámicos en formato QuickTime VR e imaxes en alta resolución, que podemos descargar por certo ao noso ordenador.
Botade unha ollada ao templo de Vesta.
Queredes dar unha volta en visión panorámica?
Pero hai máis...! Dende a wiki podemos descargar un arquivo *.kml para Google Earth que nos permite camiñar virtualmente polos monumentos do foro e facernos unha idea xeral da Cidade de cara a unha próxima visita no vindeiro ano, aproveitando as viaxes organizadas por SeecGalicia. Iso si, teremos que pasar antes un ratiño colléndolle o tranquillo ao rato, ás diferentes perspectivas posibles, zoom, capas, etc.
Os resultados son alucinantes. Dentro de pouco xa non vai facer falta viaxar a ningún lado...
... o único por esas pizzas de forno de leña ou as Carciofi alla judia do barrio xudeo (Via del Portico d'Ottavia, 21/A)

2 comentarios:
Ola Álvaro, gosto de saber de ti, e acho que todo está ben, ou polo menos coma antes, ou?? hehe, sen máis, aquí che deixo o meu contacto, para o que queiras. Unha aperta.
Xián
Así que acordácheste das carciofi. A verdade é que estaban que nin feitas polos deuses. Una aperta Charo
Publicar un comentario