Hai un mes aproximadamente (tempus fugit irreparabile...) publiquei unha entrada onde daba a coñecer unha actividade de composición culta e derivación de orixe grega e latina.
Pois ben, unha vez testada na aula (os meus alumnos de 4º foron os encargados de probala a fondo...), publico esta nova versión 1.2, que inclúe moitas melloras e corrixe algúns erros detectados.
- inclúe os termos gregos no seu propio alfabeto (xentileza de Ana Ovando)
- corrixe erros nas táboas anteriores
- engade termos novos e suprime algúns demasiado difíciles para os alumnos
- inclúe bibliografía
E o mellor de todo. Podedes descargar dous bancos de preguntas moi completos para os vosos cursos de moodle. Están en formato Moodle XML. Só tedes que descargar co botón dereito do rato os bancos de preguntas incluídos máis abaixo, crear un cuestionario no voso Curso, e logo, na pestana "preguntas", picade en "importar". Por arte de maxia teredes case 200 preguntas listas para ser incluídas no voso exame (todas elas comprobadas na aula).
- Descargar banco de preguntas de etimoloxía de orixe grega
- Descargar banco de preguntas de etimoloxía de orixe latina
2 comentarios:
Gracias por compartir ese material, seguro que es de mucha utilidad a muchos compañeros. Te agradezco también las referencias, pero el mérito es absolutamente tuyo, no lo olvidemos, mi tarea fue muy pequeñita.
Moitas gracias por todo este traballo, casi de da cargo de conciencia descargalo sen máis. (Eu tamén teño unha unidade didáctica de etimoloxía, pero teño problemas coa fonte grega que utilicei daquela. Cando o amañe,compartireina e a ver si sirve de algo)
Publicar un comentario