22/9/09

Encontros na primeira fase

Onte foi o primeiro día de clase no MGB, o primeiro contacto entre quen van pasar moitas horas xuntos de aquí ata xuño.
Semella boa idea facer unha entrada describindo o noso status, como xa apuntaba o noso magister. Grazas ao universo (que xa non planeta) chironiano hoxe podemos coñecer as condicións nas que traballan os nosos colegas no resto do Estado.
Este ano as miñas horas repartiranse entre o latín e as TICs. Estes son os meus grupos:
  • Latín de 4º ESO (3 horas): 12 alumnos cunha insólita igualdade de sexo, metade rapaces e metade rapazas.
  • Latín de 1º Bacharelato (4 horas): récord de alumnos, 21, con abrumadora maioría feminina (17 a 3), e cun problema común a moitos de nós: 9 alumnos que non cursaron latín en 4º.
  • Latín de 2º Bacharelato (4 horas): 11 alumnos. Gañan outra vez as mulleres, por 10 a 1.
  • TICs de 1º Bacharelato (4 horas): 14 alumnos, tantos como ordenadores dispoñibles na sala e máis ou menos o mesmo número de rapaces e rapazas (que esta asignatura teña nin máis nin menos que catro horas no bacharelato é outro dos disparates aos que nos teñen acostumados as autoridades educativas, porque, que é o que vai "comunicar" (usando as novas tecnoloxías, iso si) unha persoa que non comprende o que le, nin sabe facer un resumo de tres liñas sobre un texto, nin sabe escribir sin faltas de ortografía?)
  • Son ademais coordinador TIC do centro, con 3 horas de GardaTIC (unha máis que o ano pasado)
Que facer entón cos alumnos que non cursaron latín en 4º? Está aberto un debate no foro de Chiron para tratar este tema e intentar buscar solucións, darnos ideas entre nós, etc. Entra e participa!

Pd: ao final teremos que darlle a volta ao famoso dito do ministro Solís, e entonar aquelo de máis latín e menos tecnoloxías!

4 comentarios:

Ana Ovando dijo...

No te puedes quejar de alumnos, me alegro por ti y por ellos, que van a disfrutar de un curso inolvidable.

Ya te pediré consejos TIC, voy a necesitar de tu inmensa sabiduría.

Por cierto, tenemos pendiente algún proyecto musical por ahí, ¿no? ¿Movemos la cosa? ¿qué dicen tus compañeros? Por aquí están esperando a que les ilumine alguna divinidad ;)

Susana Losada dijo...

Noraboa polo mogollón de alumnos. Eu tamén comencei hoxe as clases e mañá vou poñer un post como este, copiado descaradamente a Luis. Non sabiá que había tics en 1º de BAC con catro horas, efectivamente un disparate. Para coordinar as Tics cos profes, paréceme que 3 horas aínda son insuficientes, seguro que curras moito máis. Sorte co curso, Bks

Álvaro P. Vilariño dijo...

No, no me quejo de alumnos, todo lo contrario. Creo que en A Estrada el latín goza de buena salud.
Mi primer consejo TIC es que convenzas a la comunidad escolar de que este es un trabajo de equipo. Que ni sabios, ni expertos (y mucho menos informáticos...). Que lo único que hace falta son ganas de ..."equivocarse"...
Pero que te estoy diciendo?, una frase que repito en todos los cursos y que tú me enseñaste...
Te diré que ya estamos inmersos en un nuevo proyecto. Este año será un corto de animación con muñecos de plastilina sobre una historia de niños saharauis.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Si, efectivamente, esas tres horas son simbólicas, teóricas diría eu, ou de atención ao público. As reais son moitas máis.
Pero como todo, se ao final ves resultados danse por ben empregadas.
Creo que a clave e buscar a cooperación dos compañeiros.