19/11/09

Chiron en Inforensino Lugo 2009

Al linguas Clásicas estarán representadas nas xornadas de Inforensino 2009 que se celebrarán en Lugo este vindeiro sábado día 21 de novembro.
O que isto escribe, legatus chinonianus na Gallaecia, falará sobre "O proxecto Chiron: Estudos Clásicos na web 2.0". Podedes ver o programa completo nesta ligazón.



E como o tema hoxe vai de cursos, velaquí a intervención no foro dun profe-alumno nun curso sobre a web 2.0 que estou a impartir no CFR de Santiago...

"Vaia coas linguas mortas!. A verdade que para ser un profesor de "linguas mortas, mantén a súa en febril actividade, (...) quedei gratamente sorprendido da actividade do curso (realizei o ano pasado o de pizarra dixital (...) no que non fixemos practicamente nada (nin sequera tocamos a Pizarra). E sorprendinme tamén das posibilidades que se lle están dando as novas tecnoloxías nas chamadas asignaturas de letras, que as están usando para mudar metodoloxías en contraposición aos de Ciencias que as usamos para facilitar tarefas ou facer as cousas máis atractivas, pero que no fondo seguimos a facer o mesmo..."

Cando poderemos acabar co sambenito ese das "linguas mortas"? Quizais debín recomendarlle a lectura desta entrada...



3 comentarios:

Luis Inclán dijo...

¡Ánimo, Álvaro! Estaremos todos apoyándote desde la distancia. Acuérdate de lo bien que siempre sale esto...

Álvaro P. Vilariño dijo...

Gratias mille, docte magister!
Me acordaré de lo de Santander....

Susana Losada dijo...

Precisamente acabo de ler e comentar un artigo de Xosé Antonio L. Silva sobre a necesidade de facermos visibles na sociedade e creo que esta é unha boa maneira. Creo que a forza de intervenciósn como as túas imos sacando pouco a pouco o sambenito de "linguas mortas". (no resto coincido co que opina o teu profe-alumno sobre as novas tecnoloxías e os de letras e ciencias) Moito ánimo, centauro