16/12/09

Cousas do tío Bob


Nesta xornada lúdico-festiva que nos brindou a Consellería, coa Navidade botándosenos enriba inexorablemente e os villancicos axexando en cada rúa, xa de ter que escoitar un que mellor que sexa en latín (Adeste Fideles, laeti triunphantes...) e cantado polo vello tío Bob, quen mesmo se atreve co raphaeliano "poghonpoponpón, poghonpoponpón..." audición xa reservada para os máis ousados, e que ademais pode causar danos cerebrais irreversibles.

Se alguén o quere para usalo a modo de despedida nas últimas clases, pode pedirllo aos reis magos dende aquí.


E se todo isto foi demasiado para alguén, recomendamos este vídeo a modo de cura de desintoxicación.

No hay comentarios: