
Esta semana estamos de wiki nas aulas de latín de 2º de Bacharelato do
MGB.
Cando empezaba a explicar o tema das formas nominais do verbo, participios e infinitivos, foi cando se me ocurriu.
A idea sería unha vez máis ir do particular ao xeral, da práctica á teoría. Non perderse na gramática. Elixir, atopar os nosos propios exemplos. Encaixar as pezas, traballar en grupo, axudarnos uns a outros como clase. Un proxecto común. Unha ferramenta 2.0.
Así que pouco a pouco,
paulatim, fun poñendo aos meus alumnos a traballar na wiki
PaulatimGallaecia.
Este é o plan de traballo:
Nesta sección faremos unha recopilación de extractos do texto dese autor, clasificándoos segundo o esquema proposto, e ilustrando así os apuntes da gramática latina.
EutropioPropónse que sexan os propios alumnos os que colaboren nesta sección.
Utiliza o seguinte formato:
- negriña para o texto latino
- paréntese para ubicar o texto no libro e capítulo
- cursiva para a tradución ao galego
Exemplo:
Dimissis exercitibus (Liber VI, 19).
Licenciado o seu exército,
despois de licenciar ao seu exército.
- Usa o símbolo (...) para indicar a elisión de parte do texto:
Exemplo:
Rediens ex Gallia victor (...). (Liber VI, 19).
No seu regreso dende a Galia coma vencedor / regresando vencedor dende a Galia (...)
¿Alguén máis se anima a participar? Podedes seguir o xa empezado cos vosos alumnos.
Nós estamos fundamentalmente co libro VI.
Recordade que facilita moito a labor de control e coordinación o feito de rexistrarse (Join in) en
wikispaces antes de empezar a traballar. É gratuíto e faise nun minuto.
Paulatim, paseniño.