unha fermosa postal que me envía o meu amigo Ricardo
16/12/09
Chiron en Compostela, novo número da revista de SEECGalicia
Chiron·Χείρων presenta o último número de Cuadernos de literatura griega y latina, a revista da Sección Galega da SEEC, co título Chiron en Compostela. Didáctica 2.0 para las lenguas y la cultura clásicas. Trátase dun monográfico dedicado á aplicación educativa da Web 2.0 nos estudos clásicos. O volume, concebido a raíz do curso “Chiron 2.0: clásicas na aula” realizado en Santiago de Compostela (2008-2009), ofrece os siguientes artigos:
- “Chiron: estudios clásicos en la web 2.0” por Sebastià Giralt,
- “La mochila clásica” por Carlos Cabanillas,
- “Taller de blogs” por Luis Inclán e Sergi Ferrús,
- “Wikis, páginas web rápidas” por Ana Ovando e José M. Ciordia,
- “Aulas virtuales” por Olga Díez e Álvaro P. Vilariño.
Todas as contribucións, escritas por membros de Chiron·Χείρων, pretenden conciliar a información técnica coa reflexión didáctica, sen alonxarse dunha orientación fundamentalmente práctica, de modo que sirvan de axuda ao profesorado que desexe introducirse ou profundizar no uso das TIC nas materias de clásicas.
O volume pódese descargar gratis en formato PDF dende o sitio web de SEECGalicia. Tamén é posible adquirir un exemplar en papel na editorial en líña Bubok.
Cousas do tío Bob
Nesta xornada lúdico-festiva que nos brindou a Consellería, coa Navidade botándosenos enriba inexorablemente e os villancicos axexando en cada rúa, xa de ter que escoitar un que mellor que sexa en latín (Adeste Fideles, laeti triunphantes...) e cantado polo vello tío Bob, quen mesmo se atreve co raphaeliano "poghonpoponpón, poghonpoponpón..." audición xa reservada para os máis ousados, e que ademais pode causar danos cerebrais irreversibles.
Se alguén o quere para usalo a modo de despedida nas últimas clases, pode pedirllo aos reis magos dende aquí.
E se todo isto foi demasiado para alguén, recomendamos este vídeo a modo de cura de desintoxicación.
Etiquetas:
adeste fideles,
bob dylan,
nadal,
navidade
13/12/09
Collatinus, en galego!
Trala proposta de Carlos Cabanillas e logo de que se formasen os grupos de traballo de castelán e catalán, temos tamén aquí na Gallaecia un grupo de profesores dispostos a poñer en galego este magnífico axudante para a tradución dende o latín creado polo profesor Y. Ouvrard.
Somos once persoas. Algunhas son socios de SeecGalicia e outras non, hai xente de latín, pero tamén de grego, hai profesores que levamos uns cantos anos nisto, pero tamén hai que vén de rematar a carreira, hai compañeiros de facultade e perfectos descoñecidos (ata agora...)
Ben, aquí estamos, con representación nas catro provincias...
- Ana Bolíbar, dende Vigo
- Susana Losada, de Melide
- J. Alfonso, dende Muros
- J. Manuel Otero, dende Vigo tamén.
- X. Martins, dende Cangas
- Encarna Ramil, As Pontes
- Inma Pérez, dende Carril
- Benigno Nerga, dende Cangas tamén
- Elena Miramontes, dende a Coruña
- Fernando García, dende Palas de Rei
- e eu, Álvaro, dende Santiago
03/12/09
As TICs nosas de cada día
Ese foi o título que me inspirou a Musa (aliquando dormitat Homerus...) para unha xornadas que impartín onte no centro de recursos para profesores (CFR, antes CEFOCOP, antes CEFORE ou CEFIRE...) da Coruña. Quixen contar a experiencia do meu centro, o papel que como dinamizadores TICS (os Tikismiquis, que xa temos alcume...) xogamos tanto eu e o meu colega Sindo Monteagudo. Quizais podades encontrar aquí algunha boa idea que vos poida servir a vós...
Houbo tamén tempo para algunha que outra reflexión. O papel do profesor cando se transforma en alumno. Ao mellor é unha traizón do subconsciente e sentimos un desexo irrefreable de facer xusto aquilo que detestamos que nos fagan a nós...
Porque, acaso deixamos que os nosos alumnos teñan o móvil encendido durante a clase? deixamos que contesten, se teñen algunha chamada, as criaturas....? consentimos que coman na aula, se teñen fame, pobriños? parécenos ben que estén a facer outras cousas que nada teñen que ver coa materia mentres explicamos? A todos nos pasa, tódolas mañáns. Non o soportamos, prohibímolo, rifamos, castigamos, berramos, ameazamos.
Pero pola tarde temos curso, e entón opérase a transformación...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



