25/3/10

El desván de los monjes

Hoxe imos falar de toponimia galega de orixe latina, un tema que traballamos na clase mediante a nosa wiki PaulatimGallaecia, e que estivo de actualidade días atrás por unhas palabras do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na Feira de Turismo de Madrid, onde falaba dun misterioso "Desván de los monjes" en lugar de Sobrado dos Monxes (AEDIFICIUM SUPERATUM: edificio cunha parte alta, que sobresae. Terra alta, que sobresae) e para rematar nomeaba a Touro (TAURUM), concello da comarca de Arzúa, próximo a Santiago de Compostela, co nome do topónimo castelá da provincia de Zamora, Toro.
E que claro, con tanto plurilingüismo resulta que esquecemos a nosa propia lingua...
Pero o peor de todo foi que mentiu no Parlamento e chamou estúpidas ás diputadas da oposición que lle recordaron os feitos.
Pero para iso está YouTube...
pd: en próximas entregas recordaremos outras frases célebres de Conselleiros de Cultura...

1 comentario:

Luis Inclán dijo...

Si no fuera porque es triste, habría para echarse a reir...