28/10/10

Collatinus multilingüe

Case un ano despois da proposta que lanzara Carlos Cabanillas podemos por fin ver os froitos do traballo realizado polo grupo de profesores que traduciron ao castelán, catalán e galego o famoso axudante para a tradución dende o latín creado polo profesor Y. Ouvrard.
É unha versión en probas, así que nestes primeiros momentos teremos que disculpar os erros que nos poidan saír ao traballar con el. Pero estou seguro que co tempo se vai converter nunha valiosa ferramenta para os nosos alumnos. Anímovos a probala de inmediato cos textos de Eutropio e a que me fagades chegar os erros que atopedes na versión galega deixando un comentario.


O seu enderezo e: http://collatinus.educarex.es/

*Máis información na web de Chiron.

.

2 comentarios:

Susana Losada dijo...

Noraboa pola parte que che toca neste proxecto. Está claro que ultimamente funciona mellor o que facemos extraoficilamente, que a cousa pública, falando das webs dinámicas...Teremos que buscarnos a vida?

Álvaro P. Vilariño dijo...

Noraboa a ti tamén, que xa ten mérito que unha profe de grego se volva latina, aínda que sexa por unha temporada...
Non sei se foi casualidade ou consecuencia, pero despois de cantar o de "que nadie sepa mi sufrir" non volveu haber problemas nas webs dinámicas...
Cousa de meigas?