Rematamos este ano de 2010 coa convocatoria dunha nova edición do Concurso Odisea, a sexta xa na Dives Gallaecia.
Este ano con dúas importantes novidades. Unha, a incorporación da sección da SEEC de Aragón (recollida en Audentes Fortuna Iuvat e Aragón Romano), que se suma ás de Valencia-Castellón, Alacant (escoitade ás Voces Gregas) e Galicia. E outra, o tema da muller na Antigüidade Clásica, que será o fío conductor do certame.
Estas son as bases e o calendario.
Estas son as bases e o calendario.
E que mellor presentación para ODISEA 2011 que as palabras de Isabel Barceló:
“É fundamental nos nosos días contemplar o pasado no seu conxunto. Se deixamos fóra do campo de visión ás mulleres, a nosa percepción das sociedades antigas será parcial, distorsionada e inxusta. As mulleres aportaron ás sociedades de todos os tempos tanto como os homes. transmitiron a vida, foron creadoras e transmisoras de cultura; regalaron coidados e afectos, aspectos fundamentais para o desenvolvemento da personalidade humana; contribuíron á economía e ao equilibrio social; padeceron os mesmos males que todos os demais. No bo e no malo, foron actoras sociais.
Negarlles o papel que historicamente desempeñaron non só é unha inxustiza, senón que ten efectos no presente: a falta de respecto xeral cara ás mulleres, as dificultades para que accedan a postos de decisión e de relevancia profesional e social, a continua necesidade de xustificar as súas esixencias, son algúns deses efectos.
Paga a pena combater todos eses prexuízos e perxuízos recuperando a memoria das mulleres do pasado. Aprender a coñecelas, valoralas, amalas. Darlles o recoñecemento que merecen, volvelas á memoria e á vida. Facerlles e facernos xustiza”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario