21/12/10

Libros dixitais. Saturnalia. O mundo ao revés.

Moven ficha as editoriais de libros de texto. Comezou en Cataluña pero dentro de pouco terémola tamén no resto do Estado, a implantación dos chamados "libros dixitais" é xa un feito. Moitos millóns de euros en xogo. O alumno terá que pagar una licenza duns 30€ ao ano para acceder a este tipo de publicacións. Cambia o formato, pero segue o negocio, segundo lemos neste artigo do País

De cambio metodolóxico fálase máis ben pouco. E de formación do profesorado aínda menos. Aquí na Gallaecia, a xente está desbordada coa implantación do plan Abalar. O de sempre: o carro antes dos bois. As máquinas antes que a formación. Os aparellos chegaron aos centros aos tres meses de empezar o curso, as instalacións wifi están sen acabar e o plan de formación dos profesores remata en maio! Así  as cousas, podemos atopar na prensa novas coma esta, que describe a situación da comarca do Barbanza.

Como na música, e ben o sabe a SGAE, o conto cambiou moito nos últimos anos. Hoxe os medios e as ferramentas a disposición do profesorado son outras. Estamos conectados, formamos grupos, redes, intercambiamos materiais e experiencias, lanzamos novas ideas e propostas ao amparo do brazo protector do Centauro.

Velaquí un exemplo que desbota a idea de que o profesorado non pode, está desbordado ou superado para xerar e publicar contidos en formato dixital. Quizais non podía antes, non había medios, estábamos illados e era moito traballo para unha soa persoa. Pero agora somos moitos. Temos a formación, as ferramentas e a rede.

E os profesores de Clásicas temos a Chiron.

Tomando como base as excelentes entradas realizadas por Amparo Moreno no seu Hortus Hesperidum e Xosé Manuel Otero no Olmo dos falsos soños  nace este documento sobre as antigas Saturnalia. Con imaxes e hipertexto, mellorando as capacidades do libro tradicional. Pero de libre distribución, creado ao amparo das licenzas CC., gratuito e a disposición de todos.

Quizais xa chegou o día no que moitas editoriais van ter que ler primeiro o material que temos publicado na rede para confeccionar os seus modernos "Libros Dixitais". Temos vantaxe. Ao fin e ao cabo levamos anos facéndoo. O mundo ao revés. Deberíamos tocarnos co pilleus como símbolo da nosa liberación, sen dúbida máis duradeira que nas antigas festas.

Pero como na música, coa información e os medios agora ao alcance de todos, o mellor profesor seguirá sendo aquel que máis brille nos seus "directos".

4 comentarios:

Luis Inclán dijo...

¡Estupendo, Álvaro! Como siempre, abriendo caminos nuevos...
¡Feliz Navidad!

Amparo Moreno dijo...

Gracias Álvaro por la confianza que demuestras en nuestro trabajo. Estamos encantadas de aportar nuestro granito de arena a la divulgación del mundo clásico colaborando virtualmente con los compañeros de Chiron.
Bona Saturnalia!!

Álvaro P. Vilariño dijo...

Gracias a vosotras por compartirlo!

José M. Otero dijo...

Isto vai ben,Álvaro. Bota a un lado o pesimismo. Estás vendo que todo é posible, aínda sendo imposible. Nós ben que disfrutamos facendo estas cousiñas. Grazas a ti porque pensas que pagan a pena e por valorar o traballo que facemos, que non é pouco. Sempre satisface ver que ti, que sabes ben de que vai, o recoñeces e valoras na xusta medida.
Deleites Saturnais no Nadal para ti.