13/6/11

Exame de latín Selectividade 2011- Galicia

Aquí tedes o exame que tiveron que realizar os alumnos de latín de Galicia o pasado xoves. Un texto de Eutropio sobre a revolta de Espartaco (e que traballáramos en Viam Stratam este ano!) cunha pregunta gramatical que incidía sobre dous ablativos absolutos, e un texto de Fedro dentro tamén do nivel esixible, cunha pregunta sobre unha oración subordinada adverbial temporal e con sentido completo nas 5 liñas, non como en textos doutras edicións. Presentaba tamén unha nota a pé de páxina para explicar a construción do verbo videor + dativo.
As preguntas de Literatura (os temas nas comedias de Plauto e na Lírica de Horacio) axustábanse ben ao programa, o mesmo que as preguntas sobre o Mundo Clásico (latinismos, topónimos, composición culta e lecturas)
Ligazón ao documento para descarga.

15 comentarios:

fernando maximiliano dijo...

Del texto de Fedro no opino, porque ni lo toco en clase. El de Eutropio incluye un estructura comparativa muy compleja: no aparece el segundo término de comparación (bellum)ni el nexo relativo (quod)que introduce la Oración y es ODI.Para colmo esta braquilogía llama a engaño: ea parece el antecedente de quam y éste el ODI del transitivo moverat. Me pregunto si alguien sabe analizar ese fragmento: ¿qué tipo de unidad es?. Mal.

Anónimo dijo...

Quam bellum.. moverat es un segundo término de comparación braquilógico por quam bellum quod...moverat. Para colmo, delante de quam está ea y el verbo moveo es transitivo, lo que llama a confusión.Me pregunto si alguien es capaz de analizar el segmento en cuestión poniéndole nombre a las unidades. Mal.

Xosé Manuel Vélez (Ourense) dijo...

Ás veces, un texto de Eutropio que parece fácil, axeitado e sintacticamente moi ben engarzado, presenta algunha sorpresa. O latín de Eutropio non carece de braquiloxias e anacolutos, precisamente porque é un resumo doutros textos e fontes. Estou totalmente de acordo con "fernando maximiliano" e con "anónimo" final do texto de Eutropio, efectivamente, contén unha braquiloxía complicada. Ademáis, aparece un "in ea" que complica as cousas. Pero é un tipo de braquiloxía que tamén pode acontecer en galego (en frases do tipo: "fixo un erro non menor (do) que fixera o seu irmán"... Cando hai concorrencia de construcións comparativas e relativo sempre hai o risco desas braquiloxias. O que fastidia é a posibilidade de considerar "QUAM" COMO OD do transitivo moverat, efectivamente.
Gustaríame saber qué criterio teñen os correctores de selectividade de latín. (Tendo en conta que afecta xusto ó final do texto, e non afecta á comprensión do 80 por cento del).

Álvaro P. Vilariño dijo...

Quizais sexa pola influencia do método de Orberg, co que levo traballando un par de anos, pero a verdade é que non lle vexo tanta dificultade ao texto como dicides.
Si a hai quizais a nivel de análise sintáctica e comentario gramatical do último párrafo, pero estou seguro que o alumno, se se "deixa levar" polo ritmo interno do texto, pode traducir sen dificultade.
Como di Vélez, hai estruturas moi parecidas no galego.
Pero en fin, veremos que din as notas dos nosos alumnos para ter un xuízo definitivo.
Eu tiven a sorte de traballar este párrafo na clase, e polos correos que me enviaron saíulles bastante ben...

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo con todos os comentarios agás o de Álvaro (perdón, Álvaro). Hai un agravio comparativo terrible entre o exame de latín e o de outras materias tipo literatura universal, arte, linguas, mesmo grego.Por que os de latín pensamos que somos a repanocha? Por un concepto elitista absurdo? Baixemos ao mundo dos mortais e deixemos de estar no Olimpo, señores do Grupo de Traballo.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Ben, quizais teñades algo de razón. Hoxe estiven cunha alumna e díxome que fallara precisamente na frase do final, que non lle atopaba significado por ningures...
As notas saen o venres. A ver.

Anónimo dijo...

totalmente de acuerdo con anónimo!!!estamos fuera del mundo y aprenderemos cuando estemos dando otras asignaturas si nos dejan sin suprimir. un año más...
por favor, consultad examen de literatura universal, bajad a la tierra porque es indignante que pensemos que con dos años de latín podemos seguir con el "ritmo"que antes.
de todas formas, se te ve, Álvaro, un poco feliz de haberte conocido:yo lo traduje, a mis alumnos le salió bien...
gracias por dejarme participar.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Con respecto ao último comentario.
Da a casualidade de que este mesmo texto sobre Espartaco o teño de modelo de exame de tradución, e mesmo o puxen varias veces en avaliacións ao longo dos últimos anos, así que o teño xa tan interiorizado que pode que non lle vexa a dificultade que lle vedes os demais, dificultade en todo caso referida á ultima frase.
Puntualizar tamén que non son dous anos de latín, senón tres, os que, polo menos no meu caso, levo traballado con esta clase.
E recoñecer unha dura realidade: o sometemento cada día maior á vontade e gustos dos nosos alumnos, sobre todo nas nosas asignaturas "en perigo de extinción"...
Non só as temos que facer atractivas e interesantes, senón que tamén han ser fáciles e pouco esixentes.
Onte mesmo unha alumna díxome que non ía coller latín para o ano porque "había que traballar demasiado"...
E claro, se na oferta educativa do centro teñen outra na que van levar un oito ou un nove como mínimo, e ademais non hai que facer moito, pois a elección está clara...
Ás veces me pregunto que se sentirá dando unha materia obrigatoria, non cuestionada por ninguén e non ameazada en ningún plan de estudos...

Anónimo dijo...

Que temos que doblegarnos aos desexos de alumnos, pais e autoridades educativas simplistas e mercadotécnicas, é certo. Que o sistema educativo parece a Gran Broma de mal gusto, é certo. Que no medio da tormenta temos que manter unha mínima dignidade, é certo. Pero, Santo Cristo!! Unha braquiloxía nun exame das PAU!!!!Estamos cavando unha fosa e quedaremos alí, esquecidos entre os restos do tiranosaurio, esperando que xeracións futuras recoñezan o noso heroismo.
(Grazas, Álvaro, por permitir esta fiestra catártica).

Álvaro P. Vilariño dijo...

Seguindo co tema anterior.
Primeiro, as notas dos meus alumnos: un 9,5, un 8, un 7,5 e un 5,5.
E segundo, o que me conta hoxe unha alumna, a do 5,5.
Dime que non lle importa demasiado tan pouca nota, porque as que lle valen son as dúas mellores, e ela tenas en matemáticas e Literatura Universal.
Ata aí todo ben, non?
Pois agora a conclusio: esta rapaza presentouse a Literatura Universal por libre, non a cursou en todo o ano. A lei permite isto, así que no último mes do curso empezou a preparala pola súa conta e xa vedes, ao final sacou máis nota que en latín...
Claro que nós tamén poderíamos poñer aquilo de Roma in Italia est, Hispania et Italia in Europa Sunt...
Nin tanto ni tan pouco.
In medio virtus...

Anónimo dijo...

Tienes toda la razón, Álvaro, in medio virtus: tenemos el "valor" de suicidarnos y creernos defensores del LATÍN. Todo lo que nos pase será bien merecido...
Ya cuando el Sr. Pereira mandaba la nave mandé cartas de protesta.
soy consciente de que muchos profesores de latín son de tu opinión, "no se puede poner un texto tan fácil que todos lleven sobresaliente".Por eso "esperamos" a las notas que sacan nuestros alumnos en selectividad para dar la opinión sobre el examen y nos vanagloriamos: todos aprobados, un 9...
Si tu mismo reconoces que competimos con una asignatura en la que SIN CURSARLA se puede sacar mejor nota que en latín...
Seguid más arriba del Olimpo, en las reunión de Santiago se habló de si explicar "las dos formas del supino"...
en resumen, yo defiendo un examen de latín más fácil.DEFIENDO MI PAN!!
lamento que no estéis de acuerdo, para mí estáis en los mundos de yupi como hace 30,20 años...OJO!!!a "la torre de marfil" no les afecta...somos los de secundaria los afectados(cada vez menos horas, cada vez menos alumnos, tic tac, tic tac)

Anónimo dijo...

Bastaba cunha nota aclaratoria dicindo que "quam" non tiña como antecedente "ea" e que introducía un segundo termo da comparación elíptico (ou algo semellante). Por facilitar algo unha frase tan densa e obscura non vai suceder a Apocalipse...

Álvaro P. Vilariño dijo...

Aí tes razón. Cunha pequena explicación non tería que haber problema ningún.
Para iso están as notas ao pé!

Xosé Manuel Vélez (Ourense) dijo...

XA vexo que a discusión segue. Polo que ás/ós meus/miñas alumnos/as respecta, o final do texto foi desastroso e perderon puntos por causa da braquiloxia. Non quedaba claro que "quam" no fose pronome relativo, especialmente con ese "in ea" xusto antes. De aí que o verbo "moverat" puidese levar moi diversos sentidos... En todo caso, isto nos ten que facer reflexionar. Os que preparan o exame non só poñen notas aclaratorias. TAMÉN "TOCAN" O TEXTO DE EUTROPIO. Véxase como desapareceron os pobres Crixo e Enómao da compañía de Espartaco... Entón, ou ben se pon un "quam (bellum quod) Hannibal moverat..." ou se exclúe un texto braquilóxico. Non se trata de que o exame sexa máis ou menos fácil, senón de que non aparezan "trampas" para o alumno. Por certo que algo de mala conciencia tiñan os que "prepararon" o texto, porque puxeron a nota de que "ludus" aí era "escola" de gladiadores... algo que se podía ver no dicionario. En todo caso, o 90 por cento de Eutropio ten unha sintaxe "limpa" e controlable... É unha pensa que se "colase" un texto como este. Sería preferible unha subordinada de CUM ou de UT (que parece que lle teñen certo "terror"; non así ós participios...) que este final "endiañado" do texto: por certo, cunha litotes (Unha das figuras que moitos dos nosos alumnos, por falta de costume na lectura de textos clásicos, peor entenden: "ese libro non é peor que este" é unha frase que moitos tardan bastante en entender).
Esperemos que outro ano o texto de Selectividade non teña ese problema.
Grazas por pemitir este debate, polo menos, nalgún foro, "en quente". Saúdos a Álvaro e ós demais participantes.

Esperanza dijo...

Aínda que xa a piques de rematar o curso, só darche a noraboa, Alvaro, porque a deusa Fortuna pasou pola túa porta ( e a dos teus alumnos) con este texto tan traballado nas túas clases. Esperamos que dita deusa percorra todas as "vías". Agradécese, este foro de liberdade de expresión. Feliz verán a tod@s!!