Este foi o exame para os alumnos de Latín que acudiron ás probas de Selectividade de setembro en Galicia.
No texto de Eutropio aparece unha frase, obxecto ademais de comentario gramatical, que sen dúbida tivo que representar un obstáculo importante para os alumnos (na liña, dende logo, daquela que tantos comentarios motivara no exame de xuño)
Referímonos á subordinada consecutiva "ut Romanis (toto orbe victoribus) sola navigatio tuta non esset" (incluída, por certo, nos traballos da wiki PaulatimGallaecia)
A parte entre paréntese foi suprimida, como tamén se fixera con Espartaco e o seus compañeiros no exame anterior.
Se a intención era facer o texto máis sinxelo, non sería mellor usar as notas a pé de páxina que suprimir partes do texto orixinal ou elixir outro texto sen tantas complicacións?
Difícil polo tanto a cuestión gramatical seguinte.
As preguntas de Literatura e Mundo Clásico, na liña habitual. Moi acertada paréceme a do resume da historia de Orfeo e Eurídice segundo Ovidio.
En cambio, a elección do texto de Fedro semella do máis desafortunado. É practicamente imposible que un rapaz poida chegar ao sentido final do texto, non tanto pola dificultade gramatical e de vocabulario, que tamén existe, senón pola mensaxe que se agocha tras as liñas, e que esixe un coñecemento do contexto socio-político da Atenas do s.VI do que desgrazadamente carecen os nosos alumnos.
En resume, mala, moi mala elección dos textos, e edición deficiente dos mesmos (sen notas ao pé e con supresións respecto ao orixinal).
E se por riba temos en conta que se trata dun exame de setembro, que pretende recuperar aos alumnos que non foron quen de aprobar en xuño, pois xa non queda moito que engadir.
2 comentarios:
Continuamos co proceso de acoso e derribo á nosa materia. Sigamos pensando que os alumnos son superespecialistas en latín mentres na realidade van desaparecendo fantasmagoricamente. Sempre nos quedará o alterne (eu completo este curso con CC.SS)...
Sí, el proceso de derribo ya está finalizando.Los profes de latín y griego ya somos la escoba de barrer lo que dejan los demás departamentos. el siguiente paso...está claro. protestemos ahora, no después.
Publicar un comentario