23/4/12

Azul (aprender no cárcere)

Azul é o título do documental de 10 minutos de duración realizado polos meus alumnos de TICs con motivo da visita ao noso centro de dous reclusos do cárcere de Teixeiro, dentro do programa ANOCA (aprender no cárcere).
Os medos e os estereotipos preconcebidos dos rapaces antes da visita e as súas impresións despois enmarcan as palabras de Joana e Paco, que nos falan da súa vida intra muros.
As normas, as comidas, os horarios, as duchas, o "chabolo", o papel da escola, o paso do tempo, os plans de futuro, a importancia da educación, son algúns dos temas tratados aquí.

No hay comentarios: