24/5/12

Pero, que fixeron os profesores por nós?

Baixo este título, remedo do famoso pero que fixeron por nós os romanos? da inesquecibel "A vida de Brian", dous alumnos do MGB recordan o seu paso polo centro.
Este cronista houbese pagado por ser incluído nesta parodia, onde desfilan compañeir@s como Esther (profe asturiana de Historia), Javier (matemáticas), Juana (Economía), Pilar e Isabel (Inglés), Carlos (Galego), Patricia (relixión), Arturo (Filosofía) e Margayte (Marga e Mayte, profas de Lengua Española). Pero Diego e Gonzalo, para a miña desgraza, nunca colleron Latín ou TICS. Aínda así, tiven a sorte de poder rodar con eles este clip e escachar coa risa durante toda unha tarde (houbo escenas que tivemos que repetir 15 veces porque non podíamos parar de rir....)

2 comentarios:

Susana Losada dijo...

Que par de xoias!! Parabéns polo vídeo, aínda que so coñezo a Arturo, rin bastante.

A profa dijo...

Moi divertido, xa o comparto.
Parabéns.