Velaquí os datos deste novo curso 2012/13 dende o MGB da Estrada.
2 profesores menos (1 de plástica e 1 de francés). 19 horas lectivas para min, distribuídas do seguinte xeito:
- 3 horas de latín de 4 ESO (11 alumnos)
- 4 horas de latín 1BAC (13 alumnos)
- 4 horas de grego 1BAC (10 alumnos)
- 4 horas de latín 2BAC (10 alumnos)
- 4 horas de TIC 1BAC (18 alumnos)
Volve o grego ao MGB logo de 2 anos onde os alumnos "de letras" tiñan que cursar obrigatoriamente latín e economía. Había que facer algo. A montaña e Mahoma.
Hoxe, na primeira clase de grego, empezando co alfabeto, o tempo pasou tan rápido que nin os rapaces podían crer que tocara o timbre. Claro que éramos varios profes na Aula. Dende o primeiro día deixei claro que detrás da mesa estarei eu pero detrás de min estará Ana e o seu neno grego.
* Ceos de Arousa dende o illote de Pombeiriño, a illa de Sálvora ao fondo. Detrás, espera Oceanus.
3 comentarios:
La vuelta del griego al MGB es una noticia estupenda, enhorabuena.
Muchos ánimos con ese reto, ya sabes donde encontrarme para lo que necesites.
Mis mejores deseos para esos valientes que empiezan su aventura con la lengua griega, seguro que lo van a disfrutar.
Noraboa polo alumnado, en breve farei eu a miña mini crónica. Eu tamén vou ir metendo o neno grego pouco a pouco, máis cando solvente algunha urxencia. Acabaremos creando unha versión galega do neno grego, como co Collatinus?
Esperando as novas de Melide!
O neno grego está esperando a que nos poñamos con el.
Iremos informando!
Publicar un comentario