Para todo hai un límite, e o número de cursos de Moodle que pode impartir unha persoa sen ver trastornadas gravemente as súas facultades non é unha excepción (neste punto é ou meu deber advertir dos riscos aos que se expón tamén quen leva adiante a non menos ímproba tarefa á que pomos o símpatico título de "Imos crear un blog"...)
In medio virtus. Omnis saturatio mala, moodlelis/bitacorarum pessima
Así que, sen renunciar por completo á ferramenta que me leva e me leva polo meu camiño, de xira polos IES de media Gallaecia, neste novo curso organizado por SEECGalicia quixen falar de algo máis, por iso o plus.
Este venres pasado, na Facultade de Filoloxía da USC, estivemos preparando os nosos navegadores para que ferramentas como Diigo, Scoop-it, Pinterest, Friendfeed ou Evernote fagan a nosa inquisitio cotidiana o máis áxil posible e manteñan a nosa despensa de información ordenada e lista para cando teñamos necesidade de recorrer a ela.
As musas (só as musas?) quixeron que a metáfora empregada esta vez fose a arte da pesca, de aí a inquisitio cotidiana, a navis celeris, o final felix, o cibum paratum. Esta especie de pechakucha a modo de vídeo intenta poñer en imaxes todo o anterior (e de paso rende unha pequena homenaxe a The Marvelettes e o seu inmortal "Too many fish in the sea")
A segunda parte da tarde estivo dedicada a un aparello que sen dúbida vai revolucionar o mundo da educación, ou mellor dito, xa o está facendo. Refírome ás tabletas, neste caso un IPAD. A súa versatilidade, facilidade de manexo, tamaño e peso, e sobre todo, as innumerables aplicacións educativas a un prezo máis que asequible, fan del unha ferramenta difícil de bater. Moi recomendable mercar tamén o accesorio que nos permite conectar a tableta ao canón, para proxectar na aula, e un Stylus para escribir e navegar con máis comodidade (destes hai 2 tipos, os dos chinos e os bos. Mercade os segundos)
Aquí tedes unha selección de Apps comentadas especialmente pensada para profes de Clásicas:
Aplicatio |
Pretium
|
Ligatio | Comentarii |
| 4,99$ | Itunes Preview | Liddel-Scott-Jones Greek-English dictionary Textos en grego. Varios autores. |
|
0,99$ | Itunes Preview | Liddel-Scott-Jones Greek-English dictionary |
|
0,99$ | Itunes Preview | Versión dixital dos fascículos americanos orixinais do cómic "A idade de Bronce" (Mil naves, na recompilación publicada en España). |
|
5,99$ | Itunes Preview | Lewis and Short Latin-English dictionary Textos en latín. Varios autores. Flashcards para vocabulario |
|
8,99$ | Itunes Preview | Espectacular viaxe en 3d á Roma antiga. Neste vídeo podemos facernos unha idea do que contén esta fantástica app... |
|
Gratis | Itunes Preview | Cadernos de notas. Moi útil como marcador de webs favoritas. Potente buscador interno. Notas a partir de imaxes ou sons. Versión para teléfono móvil, etc. |
|
Gratis | Web | Complemento de Evernote. Captura de imaxes na web. |
|
Gratis | - Web - Video-Leccións de DivesGallaecia |
Creación de video-leccións. |
|
Gratis | Web | Creación de video-leccións |
|
Gratis | Itunes | Creación de video-leccións |
|
4,99$ | Web | Aplicación para profesor: fichas de alumnos, notas, cálculo de medias, control faltas de asistencia, etc. Traballa con Dropbox. Importa datos en formato *.csv |
|
4,99$ | Web | Anotar pdfs: subliñar, destacar, etc. Permite por exemplo realizar análises sintácticas a partir dun pdf previo. Organiza os documentos en carpetas. Traballa con Dropbox. |
|
Gratis | Itunes Preview | Almacenamento de arquivos na nube. Imprescindible para moitas Apps do Ipad. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario