Este ano, con algunha modificación nas bases, volveremos ter como compañeiros de viaxe a Valencia-Castellón, Alacant e Catalunya. Ademais volve ao concurso Aragón e incórporase por primeira vez Valladolid.
A temática este ano xirará en torno a un tema de actualidade, A Educación (quizais para o ano que vén teñamos que suxerir outro: "A corrupción política no Mundo Antigo, que haber tamén a había, e seguro que poderíamos atopar algúns Exempla de utilidade ante a triste realidade cotiá coa que nos enfrontamos)
Dende o MGB temos apuntados os seguintes equipos:
4º de ESO:
- ARRE & SO
- VICTORIUM
- AZUL
- PIXOSCOOTER
1º BACHARELATO
- HIC ET NUNC
- FACIES IRATA (isto creo que vai por min...)
- TUXTAX
- NESCIO
- GALLAECIA QUALITAS
- NIKE
- COGITO ERGO SUM
- INTELLIGENTIBUS PAUCA
Tal e como fixemos o ano pasado, o xoves 7 de febreiro, día do preguntón, os alumnos "Clásicos" do MGB e o seu magister pasaremos toda a mañá entre a Biblioteca (este ano con novos ordenadores) e a sala de informática. Será unha actividade máis, apoiada pola vicedirección do centro e incluída na programación. Esperamos repetir a intensidade, emoción e nervios da edición anterior (e creo que coas novas fichaxes deste ano non vai ser difícil...!)
Desta vez xogaremos en dous concursos simultáneos, posto que imos facer tamén unha clasificación interna, na que levarán premio os 2 primeiros clasificados do noso Centro (caixa grande e caixa mediana respectivamente).
pd: o Concurso conta con páxina propia na Galipedia, elaborada dentro do proxecto DivesGallaecia 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario