Na modalidade A, Centros de Educación infantil, Primario, Educación Especial e Aulas específicas de EE, os premios foron para:
- 1º Premio: El tiempo en nuestras manos - CPEE Peñalara. Collado Villalba (Madrid), onde a idea básica foi xerar experiencias de aprendizaxe e estimulación multisensorial a través de contornas creativas unidos por un centro de interese: as diferentes etapas históricas.
- 2º premio: Descubriendo Europa en 270 días - CRA “Llanos de Moraña”. San Pedro del Arroyo (Ávila), que busca o fomento da lectura cun plan de traballo diario, descubrindo os distintos países europeos, a través de actuacións conxuntas coas familias e coa creación de materiais innovadores.
- Un romance para la historia: Romance de María Manuela - AMPA “Las Eras”. Unidad de Campo del CRA “Toral de Merayo”. Toral de Merayo (León).
- Dilo en Alto - CP Gervasio Ramos. Langreo (Asturias).
- 1º premio: El infante don Luis y su mundo - IES Valle del Tiétar. Arenas de San Pedro (Ávila), que se configura como un fío condutor para materias diso, PCPI e Bachillerato
- 2º Premio: Una apuesta por el desarrollo, una apuesta por la calidad - CEPA de Gijón (Asturias), unha iniciativa que nace para mellorar a calidade educativa e cuxo eixo principal é a adaptación á realidade social para paliar o fracaso escolar, entre outros obxectivos.
- Radio Pérez. Ondas para la Convivencia - IES Pérez de Ayala. Oviedo, un proyecto de participación escolar dos estudantes a través dun programa de radio en directo durante os recreos (vídeo-presentación) (Asturias).
- Dives Gallaecia - IES Manuel García Barros, A Estrada, Pontevedra (Galicia).
Foi un acto que, ao meu parecer, colocou os focos excesivamente sobre os políticos e representantes das institucións que presidían a mesa, esquecendo así aos que deberían ser os verdadeiros protagonistas, os profesores premiados e os seus traballos, que non contaron coa difusión necesaria para que todos puidésemos coñecer in situ o que se fai noutros ámbitos.
Como dixo acertadamente un dos oradores, é un risco moi alto xogar cun dos bens máis prezados polo espectador hoxe en día, a atención. Difícil para o oínte é atender cun mínimo interese á unha serie de tópicos oídos unha e mil veces en actos deste tipo: agradecementos mutuos, presentación e invocación de autoridades (con detalle, unha a unha), felicitacións aos premiados (estas xa en xeral)... Máis difícil aínda semella multiplicar esa atención por seis, pois seis foron as persoas da mesa que tiveron uso da palabra, ademais dos pequenos discursos pronunciados por parte dos premiados.
Pero imposible foi aturar aos políticos que queren ser a noiva no enterro e o defunto no funeral. Se os representantes de Ávila e Asturias aproveitaron o seu turno para presumir de xestión ao ter varios equipos premiados, o cal ata certo punto pode ser comprensible, malia que os profesores a maioría das veces facemos os proxectos non "grazas" ás nosas autoridades educativas, senón "a pesar" delas, o representante da Comunidade de Madrid, Carlos Hispán, que non tiña ningún premiado no podium, acadou os máis altos cumios do cinismo, a sinvergonza e o descrédito da clase que representa. Ao empezar a súa intervención escoitáronse os primeiros asubíos na sala, que foron pronto silenciados pola seguridade privada. A partir de aí, tatexando, con moi pouco aplomo ao falar e sen que viñese a conto, empezou a falar dos logros da súa xestión educativa na comunidade madrileña, poñéndose, no colmo da desvergonza, a el e á súa xestión, como exemplo de educación pública de calidade.
E eu, que recordaba a marea verde (e a branca), que tiña na memoria aos compañeiros madrileños nas rúas, falando de recortes, de sancións, de privilexios á educación privada, non podía menos que revolverme no asento desexando que por favor rematasen xa esas mentiras e insultos á verdadeira Educación Pública.
E se a isto engadimos que a persoa encargada de presentar Dives Gallaecia pronunciou algo así como "Dives Guelecia", e que o orador final aclarou, convencido plenamente, que grazas a proxectos como este podemos aprender a pronunciar.... o galego!!, a verdade e que saín do acto cunha sensación agridoce. Agradecido pola valoración que o xurado fixo do noso traballo, pola repercusión que están tendo estes premios, contento por coñecer a outros compañeiros e ver que as Linguas Clásicas e a súa didáctica están no primeiro plano da actualidade Educativa, pero coa sensación de que o venres, no Caixaforum de Madrid, non estivo representada como debería a verdadeira SCHOLA PUBLICA.
Pero, en fin, sempre nos quedará Madrid, un auténtico paraíso estes días para un "profe clásico". E para demostralo, unha serie de capítula..
- Capitulum primum: exposición "Las Furias", museo del Prado.
- Capitulum secundo: Hécuba, teatro Español.
- Capitulum tertium: exposición "La villa de los Papiros", casa del Lector. Matadero.
- Capitulum quartum et postremum: restaurante grego Dionisos.
4 comentarios:
Enhorabuena por el premio y el reconocimiento de vuestra labor. La pena es que el entusiasmo y el trabajo de profesores y alumnos sea aprovechado por los políticos para salir en la foto y soltar sus discursos partidistas. Hay que ver qué capacidad tienen para corromper todo lo que tocan. O tempora, o mores!
Certamente, malia todos os inconvintes do contexto, parabéns polo traballo e polo recoñecemento!
O triste e que un que se as dá de profesor e de defensor da escola publica e do proxecto Dives Gallaecia non nombrara nin unha soa vez os alumnos, que son os verdadeiros protagonistas. Moito che gusta a ti recoller premios que non mereces a costa do traballo dos alumnos.Deberias dedicarte a dar clase e darlle o mérito a quen o ten, que neste caso non es ti. E como esto ten que ser aprobado polo autor do blog supoño que non o poñeras.Estrela
Moncho, quizais deberías ler as outras entradas deste blog onde se fai mención dos premios recibidos. Nelas cito e agradezo publicamente o traballo realizado por varias promocións de alumnos do MGB. Ademais, na propia web hai un apartado onde se recollen os nomes de todos os participantes. O mesmo sucede no grupo de traballo da Galipedia. En todos os vídeos realizados aparecen os nomes dos rapaces que os editaron, e sempre rematan cunha diapositiva onde se di claramente que Dives Gallaecia é un grupo de traballo colaborativo formado por alumnos e profesores do MGB.
Por outra banda, dos cartos recibidos polo premio, e por iniciativa miña, unha parte importante recaeu neles, nos premios do concurso odisea, na festa de celebración e na viaxe do teatro de Lugo. O demais para gastos varios do Centro.
O de se merezo ou non algún premio polo meu traballo creo que non me corresponde a min xuzgalo, senón aos diferentes xurados que os concederon.
E si, mañá temos clase, a primeira hora. É ao que nos dedicamos algúns.
Publicar un comentario