O traballo na tradución do Collatinus ao galego no deixa de depararme sorpresas. Como tamén lle pasa a outros colegas, síntome cómodo entre as palabras (somos filólogos, non?), e logo de tantas pantallas volvo aprezar ver a mesa chea de diccionarios de distintas linguas abertos de par en par, bucear entre significados e sinónimos, pasar as follas intentando emular a Google no de "vas ter sorte" e acertar na páxina á primeira...
Cada palabra é un misterio, un mundo. E senón, botade unha ollada a esta. Virago. Está presente no castelán e no catalán co significado de "Mujer varonil", e "Dona homenenca; gallimarsot". En galego podemos definila como "Muller con xeitos de home, machorra, marimacho, cabalón".
Pero tamén foi a palabra empregada na Vulgata para referirse á muller, e deu nome a varios navíos de Guerra da Royal Navy ou a un modelo de motocicleta xaponesa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario