22/11/07

PAAU LATIN 2008 - ROMA LOCUTA EST

Apareceu por fin a circular do coordinador das probas de Latín. Vense que non repararon en gastos nin esforzos: unha mensaxe con ligazóns para todas as materias! Sei que en moitos centros non chegou aos destinatarios. Non pasou da secretaría ou perdeuse na morea de papeis que soen colgar do taboleiro das salas de profesores.
Un houbese preferido unha mensaxe específica coa circular á atención do Departamento de latín, cunha listaxe de topónimos comentada, ben feita e cómoda para imprimir, e algo menos de trunfalismo na valoración...
¿Que nos di o señor coordinador? Que nas probas de este ano a nota media e o número de aprobados é superior, e que iso ocorre "logo do seu nomeamento". Axiña plural maiestático para dicir que "fomos por bo camiño".
¿E que entón a mobilización do profesorado non tivo nada que ver nestes cambios? ¿E que todo llo debemos á súa persoa? En entradas anteriores pódese recabar información sobre isto. Creo que non foi unha casualidade a xuntanza de 71 profesores e o cambio de programa. As datas coinciden e as peticións do profesorado cumpríronse na meirande parte. CUIQUE SUUM
Logo fala das reunións que tivo con nós, reunións que foi tan reacio a convocar (ao final non lle quedou máis remedio), reunións nas que se lle fixeron peticións como a inclusión do teatro nos temas de literatura, ou unha selección de textos para a traducción (dixo que a fixeramos nós, que nos constituíramos como grupo de traballo, como se non houbese xa un constituído, que por certo ningúen sabe o que fai!!). Nada vai cambiar.
E que dicir dos topónimos para 2008. A lista do ano pasado truncábase nunha letra, e cando se lle preguntou o porqué deste curioso feito, achacouno a un erro informático, que polo visto foi imposible de corrixir (que traballo debe de dar volver a enviar o arquivo correcto e substituilo polo erróneo, demasiado para un "grupo de traballo" como o que temos!)
Pero iso era antes. Hoxe xa está corrixida e chega ata a Z, como debe ser (un ano para modificar un folio, non está nada mal, a ver se o ano que vén melloran este récord...)
A lista creo que aínda é máis absurda agora do que era: aparecen algúns topónimos alleos á Gallaecia (pero outros moi importantes brillan pola súa ausencia), non se aporta bibliografía, etc. Teremos que esperar a que Benigno Arjones volva a sacar unha nova edición comentada como o ano pasado, porque se esperamos por estes...

1 comentario:

criobo dijo...

Francamente, no sé qué añadir, creo que tienes razón en todo lo que has dicho. No me molesta que se incluya algún topónimo importante del resto de Hispania, pero tampoco entiendo el criterio que se sigue para esto ¿por qué Gijón y no Badajoz, por ejemplo?Suscribo totalmente lo de que no se puede publicar una simple lista de topónimos sin ningún tipo de comentarios, en la que , por cierto, se vuelve a repetir Chantada,sigo pensando que faltan temas de literatura, yo incluiría también a Ovidio, además de Plauto, y en que el Grupo de "trabajo" podía trabajar un poco en una antología de textos. En cuanto a los cauces de transmisión y el triunfalismo del coordinador creo que sobran comentarios, con leer la carta llega y, por supuesto, agradecerle que aceptara el puesto con la deferencia que se merece.
En serio, obviamente, la situación ha mejorado con respecto a años anteriores, pero estoy totalmente de acuerdo en que los 71 profesores que firmamos la carta de protesta algo habremos tenido que ver, digo yo.
Carmen Riobó