20/10/08

Gladiator, Rómulo, Remo, a loba ...

Sempre soubemos que os italianos non se cortan un pelo. E se por riba son ministros ou altos cargos do ministerio de Bens Culturais a cousa pode chegar ao delirio (tremens ?).
Hai case un ano, como apuntabamos dende aquí, o goberno italiano anunciaba o achádego de, nin máis nin menos, a cova onde a famosa loba amamantou aos fundadores de Roma, noticia que foi puntualmente recollida polos medios no seu momento (artigo en *.pdf de El País, 21/11/2007)
Agora son o ministro de Cultura e italiano e algún arqueólogo da súa corda os que se aprestan a identificar a tumba do xeneral romano Marcus Nonius Macrinus co protagonista da famosa película, que tivera un presuposto tan xeneroso como rápido e van foi o seu esquecemento. Dotada asimesmo cunha boa morea de barbaridades e inexactitudes históricas, cumpriu así unha das premisas inherentes ao xénero (a serie Roma sería outro exemplo, sobre todo a penosa segunda parte).
Os expertos atópanse dende logo moi desilusionados ante o feito de que un descobrimento tan importante chegue aos medios só por mor dunha (falsa) correspondencia cunha (mala) película de Hollywood.
Podedes descargar dende aquí este documento no que se mesturan nun único arquivo *.pfd a crónica aparecida no diario El País o día 18/10/2008, outra que saiu no Diario El Mundo ao día seguinte, e unha terceira tamén de El País o día 20. A ironía da primeira vese completada polas declaracións dos estupefactos arqueólogos na segunda e na terceira.
O feito de lelas xuntas pode axudar a reflexionar cos nosos alumnos sobre o poder dos medios de comunicación, a ausencia de rigor na información suministrada por medios oficiais, o punto de vista do político e os seus intereses (en contraposición cos da ciencia), e, como non, ilustrar as nosas clases sobre o período histórico do Imperio ou o exército cos nomes e as vidas dalgúns dos seus protagonistas: Marco Aurelio, Cómodo ou o xa célebre, logo dos seus 15 minutos de gloria, Marco Nonio Macrino.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quedei impresionada a primeira vez que lin a noticia... case tanto como con aquilo de Rómulo e Remo que tamén mencionas. É lamentable ver como están as cusas en certos ámbitos. Saúdos.

Unknown dijo...

Alvaro, eu traballei hoxe en clase esta noticia, que fun recollendo nun par de post ao longo do fin de semana, e aproveitei intradisciplinariamente, para introducirlles unha lección de aforismos.
Hoxe tocaba, non podía ser doutro xeito O Tempora, O mores!!!